Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de marzo de 2023

    O Goberno balear e o Instituto de Estudos Baleáricos publicaron Català en marxa! Guia de suport lingüístic en un context intercultural, unha guía para docentes que imparten obradoiros de acollida lingüística dirixidos a persoas sen coñecemento ningún do catalán.

    Fonte: Govern Illes Balears

    17 de marzo de 2023

    O Goberno de Cataluña encargoulle á Corporación Catalá de Medios Audiovisuais a creación dunha plataforma de contidos en catalán no mundo dixital, á que se destinará un orzamento de 30 millóns de euros. Esta OTT terá carácter gratuíto e estará dirixida ao público en xeral.

    17 de marzo de 2023

    Como cada ano a Xunta de Galicia bota a andar o programa de dinamización lingüística FalaRedes, pensado para encher o tempo de lecer con actividades en galego entre os máis de 200 concellos e agrupacións pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    17 de marzo de 2023

    Presentan no Senado do Brasil un proxecto de lei para que as persoas xordas e cegas teñan acceso á xustiza por medio da lingua de signos e o braille.

    Fonte: Rádio Senado

    17 de marzo de 2023

    Un grupo de londinienses presentou unha petición formal para que o dialecto local cockney sexa considerado idioma oficial.

    Fonte: Evening Standard

    16 de marzo de 2023

    Uns 13 000 cidadáns rusos que residen en Letonia expóñense á perda do seu permiso de residencia se non acceden a facer un exame de proficiencia de lingua letoa.

    Fonte: ERR

    16 de marzo de 2023

    Estes cursos de formación en lingua catalá para o persoal sanitario que forme parte do Instituto Catalán da Saúde (ICS), que terán carácter gratuíto, permitirán que poidan obter un certificado de acreditación oficial.

    Fonte: 20minutos

    16 de marzo de 2023

    O Pleno da Academia Aragonesa da Lingua aprobou por unanimidade o primeiro acordo relativo á normativa de uso oficial do catalán de Aragón, que agora se publica no Boletín Oficial de Aragón.

    Fonte: La Litera Información

    16 de marzo de 2023

    Fernando Cabeza Quiles é o autor de Toponimia de Ribeira, dispoñible xa na versión en liña na web da RAG. Neste volume aborda a orixe e o significado dos nomes das entidades de poboación deste concello coruñés.

    Fonte: Real Academia Galega

    16 de marzo de 2023

    Segundo o Goberno de Cataluña, das 100 medidas aprobadas o pasado mes de novembro para impulsar o catalán, 51 xa están en marcha e destas, 44 están en fase avanzada de execución.  

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder