Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de marzo de 2023

    Para a elaboración deste informe, recolléronse datos de 303 institutos públicos que mostran que máis da metade non ten plan lingüístico ou que a presenza do galego nos libros e materiais empregados é moito menor ca a do castelán.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    20 de marzo de 2023

    Un cidadán do estado mexicano de México, César Cruz, creou a aplicación para dispositivos móbiles MazahuaApp que permitirá ensinar o idioma mazahua ás novas xeracións.

    Fonte: Vértigo Político

    20 de marzo de 2023

    O crecente desenvolvemento dixital e a irrupción da lingua inglesa na tecnoloxía empregada pola cidadanía islandesa está pondo en risco a supervivencia do idioma islandés. A implementación da intelixencia artificial GPT-4 pode ser unha solución xa que permitirá desenvolver aplicacións e contornas dixitais en lingua islandesa e salvagardala para a súa transmisión xeracional.

    Fonte: Infobae

    20 de marzo de 2023

    Plataforma per la Llengua recibiu 56 queixas por discriminación lingüística en universidades de Cataluña, Valencia e Baleares que se reparten así: 24 porque unha materia que se tiña que impartir en catalán finalmente se impartiu noutra lingua; outras 24 pola falta de oferta de materias en catalán; e oito por vulneración doutros dereitos lingüísticos.

    20 de marzo de 2023

    «Hala Birala!» é un programa gratuíto de lecer en éuscaro sobre redes sociais dirixido a menores nacidos nos anos 2011 e 2012. Entre os días 11 e 14 de abril aprenderán a crear, editar e compartir contidos en éuscaro dun xeito fácil e seguro.  

    Fonte: Ayuntamiento de Bilbao

    20 de marzo de 2023

    Os datos mostran que na actualidade se imparten en castelán o 71,6 % das horas docentes; en galego, o 24,4 %; e noutras linguas, o 4 %, cifras case idénticas ás do curso 2021-2022.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    20 de marzo de 2023

    O programa de fomento do galego na Rede de Escolas Infantís Municipais da Coruña ten como obxectivo proporcionar recursos lúdicos e educativos nesta lingua e promover a galeguización na etapa educativa de 0 a 3 anos.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    20 de marzo de 2023

    A Xunta destina este ano 350 000 euros ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega. O Diario Oficial de Galicia (DOG) convocou estas subvencións, dirixidas aos concellos galegos e agrupacións destes que superen os 3000 habitantes.

    17 de marzo de 2023

    O Parlamento da República Moldova aprobou finalmente a lei que considera que o romanés é a lingua oficial do país.

    Fonte: Euroactiv

     

    17 de marzo de 2023

    O secretario de Estado da Educación de Portugal, Antonio Leite, mostrou a súa satisfacción ante a unanimidade que a clase política de Timor Leste mostra sobre o reforzo da lingua portuguesa no país asiático.

    Fonte: Observador

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder