Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de decembro de 2022

    O Concello de Redondela denunciou que dende hai tempo non está dispoñible a versión en galego do Boletín Oficial do Estado (BOE), polo que lle trasladou ao Ministerio da Presidencia unha solicitude para que rectifique esta carencia.

    Fonte: Radio Redondela

    12 de decembro de 2022

    O equipo formado por María Santalla Martínez e Daniel Alejandro Santiago Mayoral fixéronse co galardón do certame Xuventude Crea 2022 na especialidade de Creación de videoxogos coa proposta ‘K.I.W.I’. A través deste programa, o Executivo autonómico recoñece o talento e a creatividade da mocidade galega en distintas categorías.

    12 de decembro de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Pazo de San Roque no acto de entrega da última edición dos certames Novos Poliedros e Inventa en galego, convocados co gallo do Mes da Ciencia en galego por Igaciencia -Institución Galega da Ciencia- coa colaboración da Xunta de Galicia para promover entre a mocidade a innovación tecnolóxica en lingua galega.

    10 de decembro de 2022

    A UNESCO celebrará na segunda semana de decembro o Decenio Internacional das Linguas Indíxenas (2022-2032) e presentará un plan de acción para concienciar sobre a perda dramática das linguas nativas e a urxente necesidade de preservalas, revitalizalas e celebralas.

    Fonte: UNESCO

    09 de decembro de 2022

    O Concello de Silleda organiza unha nova edición de Silledagasalla, un certame de Nadal organizado en colaboración cos centros educativos e o sector do comercio da vila co que se quere fomentar o galego a través de adhesivos con lemas nesta lingua que se reparten nos establecementos comerciais para acompañar os agasallos.

    09 de decembro de 2022

    Segundo unha enquisa do Goberno da Comunidade Valenciana sobre o coñecemento e o uso social do valenciano en diferentes ámbitos sociais, produciuse un aumento xeneralizado da competencia nesta lingua. Así, subiu en seis puntos a porcentaxe de persoas que o saben escribir; case cinco, a das que o saben ler; e máis de tres, a das que o entenden.    

    09 de decembro de 2022

    Un total de 200 alumnos e 20 profesores de 3º e 4º de ESO participará nos programas de intercambio con alumnado de centros educativos franceses das rexións académicas Hauts-de-France (a través do programa Galimiens) e Bretagne.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de decembro de 2022

    A campaña, que ten como lema ‘Mou la llengua’, invita os falantes de catalán a non cambiar de lingua de forma innecesaria e sinala a importancia de que a empreguen en todas as ocasións posibles.

    Fonte: Nou Diari

    09 de decembro de 2022

    A escritora portuguesa Alexandra Lucas Coelho, o autor mozambicano João Paulo Borges Coelho e a escritora brasileira Micheliny Verunschk foron os galardoados co Premio Oceanos 2022 de literatura en lingua portuguesa.

    Fonte: Diário do Nordeste

    09 de decembro de 2022

    Comezou a votación para escoller a palabra do ano 2022 en Portugal e Angola. A lista de dez palabras foi elaborada pola editorial Porto Editora.

    Fonte: Diário de Notícias

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder