O Consello Nacional de Mulleres de Irlanda demanda que se celebre un referendo na República de Irlanda para poder suprimir a linguaxe sexista da Constitución irlandesa.
Fonte: Independent.ie
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Consello Nacional de Mulleres de Irlanda demanda que se celebre un referendo na República de Irlanda para poder suprimir a linguaxe sexista da Constitución irlandesa.
Fonte: Independent.ie
O festival Carballo Interplay, que se desenvolverá entre o 29 de marzo e o 1 de abril, chega á súa décima edición na que, un ano máis, se reivindicará a creación de contidos dixitais en galego, tanto nas redes sociais como no campo audiovisual ou no podcast.
A Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (XDLA) denunciou a falta de sensibilidade que a Demarcación de Estradas do Estado en Asturias mostra coa toponimia tradicional en asturiano.
Fonte: Asturias Hoy
O Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL) de Xirona puxo en marcha a campaña «21 dies», unha iniciativa que consiste en falar de entrada en catalán con todo o mundo durante 21 días. O obxectivo é facer reflexionar os catalanfalantes sobre o cambio de lingua cando alguén lles fala en castelán.
Ante unha situación de falta de persoal, Dinamarca simplificará os requisitos lingüísticos para os profesionais da enfermaría de fóra da UE que queiran traballar no país nórdico.
Fonte: RFI
O Tribunal Constitucional do Perú anulou a condena a un falante de quechua que presentara un recurso pola falta de interpretación nesta lingua no xuízo xa que este feito impediu o seu dereito a defensa.
Fonte: Diario Constitucional
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do volume Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004), editado por Armando Requeixo desde o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e publicado por Galaxia co gallo do 19º cabodano da poeta Luísa Villalta.
A Xunta de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para inscribirse nas probas que permiten obter os certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4. O prazo para presentar as solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, comeza o martes 7 de marzo e remata o día 27 do mesmo mes.
Trátase da obra El proceso histórico de escolarización de la lengua asturiana: dimensiones políticas y sociales, do doutor Marcos Rodríguez, que recolle a súa tese de doutoramento e realiza unha análise cronolóxica do proceso histórico de escolarización desta lingua no seu contexto sociocultural.
Fonte: La Vanguardia
O importe da convocatoria para o fomento do uso da lingua catalá é de 345 000 euros e outorgarase un máximo de 6000 euros por entidade ou empresa para accións realizadas entre o 1 de maio de 2022 e o 30 de abril de 2023. Así, o Consell cumprirá o seu obxectivo de garantir o dereito de todos os consumidores a recibir información en xeral, documentos relacionados coas entidades e documentación do ámbito comercial nesta lingua e facer que vivan nun ambiente que os incite a empregala con normalidade.
Subscríbase ao boletín