O concurso de vídeos «Vémolo Nós», do que se celebra a primeira edición, ten como obxectivo impulsar a produción e a difusión de vídeos curtos fomenten o uso do galego como lingua de divulgación científica que sexan de utilidade para a docencia no ámbito universitario.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no primeiro encontro que reuniu unha ampla representación do alumnado e do profesorado participante na V edición do programa de dinamización lingüística «21 días co galego e+», promovido pola Xunta co obxectivo de estimular o uso oral da lingua galega entre a xente nova tanto dentro como fóra dos centros de ensino.
O texto lexislativo da comunidade xa está dispoñible en aragonés co nome de Codigo d'o Dreito Foral d'Aragó. Esta versión foi editada a través dun proxecto impulsado pola institución do Justicia de Aragón e a Dirección Xeral de Política Lingüística e vai permitir que a comunicación chegue a todos os cidadáns.
Fonte: El Periódico de Aragón
O obxectivo deste rexistro idiomático é poder crear unha oferta integral en éuscaro dos servizos sanitarios nos diferentes niveis de asistencia. A cidadanía poderá rexistrar a lingua na que prefire relacionarse cos seus profesionais e recibir comunicacións a través da nova Carpeta de Saúde ou no seu centro de saúde.
Fonte: Gobierno Vasco
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo, pertencente á Secretaría da Cultura e Economía Creativa do Goberno do Estado de São Paulo, abriu unha convocatoria para seleccionar dúas persoas que desenvolvan traballos de investigación sobre linguas indíxenas durante o ano 2023.
Fonte: Museu da Língua Portuguesa
A APLEC (Asociación para o Ensino do Catalán na Cataluña Norte) reclamou que se manteñan un total de dúas horas de ensino de catalán nas escolas da rexión francesa da Cataluña Norte. A agrupación constatou que hai escolas que queren que o ensino do catalán fique reducido a unha hora semanal.
Fonte: El Nacional
O Atlas de Europa, editado por Andavira Editora, está destinado principalmente ao alumnado de primaria e secundaria. Nel trátase a xeografía política, humana, económica e social do continente europeo. Pódese descargar de balde desde o web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Culturagalega.org
Os Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” volverán impartirse en Santiago de Compostela este verán, tras a súa interrupción pola pandemia. Esta actividade, que se desenvolverá entre o 3 ao 24 de xullo, está destinada a alumnado de todo o mundo para que aprenda galego.
A Illa de Pascua está situada no océano Pacífico a 3800 km da capital do estado de Chile. A pesar dos seus esforzos por salvar a súa cultura ameazada, o seu idioma, o rapunui, está hoxe en risco de extinción pola falta de transmisión xeracional.
Fonte: Nationalia
A Academia da Lingua Asturiana presenta un estudo sociolingüístico sobre o coñecemento do asturiano nas cidades, que se centra na análise do nivel de habilidade lingüística da poboación adulta e que nega a crenza de que esta lingua é propia dos contextos máis rurais e illados de Asturias. Estes datos van permitir unha política lingüística máis realista e axustada á situación da comunidade.
Fonte: La Nueva España
Boletín
Subscríbase ao boletín




