«Sona tan bé» é unha colección de vídeos musicais que tratan de reivindicar o uso do valenciano de unha maneira orixinal e alegre e abordan diferentes situacións lingüísticas que os seus falantes viven no día a día.
Fonte: El Periòdic
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
«Sona tan bé» é unha colección de vídeos musicais que tratan de reivindicar o uso do valenciano de unha maneira orixinal e alegre e abordan diferentes situacións lingüísticas que os seus falantes viven no día a día.
Fonte: El Periòdic
O conselleiro de Cultura, Educación FP e Universidades, Román Rodríguez, reuniuse co xefe de Contidos de Prime Video España, Ricardo Cabornero, para abordar vías de colaboración conxunta dirixidas a aumentar a inclusión de producións audiovisuais en galego na plataforma.
Persente i futuro de la lhéngua mirandesa: Studo de ls usos, atitudes i cumpeténcias lhenguísticas é un estudo sociolingüístico que se converte no primeiro libro en mirandés editado por unha universidade.
Fonte: Universidade de Vigo
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou na Cidade da Cultura na presentación da programación das Letras Galegas 2023, que chegan á súa 60 edición rendéndolle homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego.
Con motivo do Día Internacional da Lingua Materna, varios grupos étnicos de Irán demandaron que linguas como o kurdo ou o baluchi fosen introducidas nos currículos educativos das escolas nas zonas onde se falen. Estas demandas levantaron unha gran polémica no país, sobre todo entre as persoas que queren que o persa continúe sendo a única lingua de instrución.
Fonte: Iranintl
Despois da publicación dun estudo da Universidade de Vigo que auguraba un prognóstico tráxico para a lingua mirandesa, a presidenta da Cámara Municipal de Miranda do Douro, Helena Barril, apela á participación e compromiso de todas as persoas e entidades para salvala.
Fonte: Observador
Segundo un estudo elaborado e avalado polo Ministerio de Cultura de Francia, o catalán ocuparía o posto duodécimo na listaxe dos idiomas con maior preponderancia do mundo. Ficaría por diante de linguas con maior peso demográfico como o chinés mandarín grazas ao seu bo índice de presenza e uso na internet.
Fonte: El Periódico
O plan, deseñado para os próximos catro anos cun orzamento de 24 216 100 €, consiste nun conxunto de 68 accións para fomentar o uso do catalán, restablecer os vínculos emocionais coa lingua e xerar motivación para que se utilice como lingua habitual. Algunhas das actuacións previstas son a creación da oficina da lingua catalá ou do Día da Lingua en Barcelona.
Fonte: Ajuntament de Barcelona
A Academia da Lingua Asturiana publica o traballo do produtor e director audiovisual Pablo Quiroga que recolle a terminoloxía do cine en asturiano nun exemplar xa dispoñible para consulta libre na páxina web de TermAst.
Fonte: La Voz de Asturias
Convócanse dúas liñas de axudas para a realización de actividades de dinamización da lingua galega no ano 2023, unha para os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes e outra para entidades culturais sen ánimo de lucro.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Subscríbase ao boletín