Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de febreiro de 2023

    A Xunta de Galicia conmemora o 186 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cunha programación organizada xunto coa Fundación que leva o nome da autora de Cantares gallegos e que arrincou no Instituto Camilo José Cela de Padrón cunha lectura de poemas diante da estatua da homenaxeada.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de febreiro de 2023

    Unha nova lei da República francesa quere introducir a realización obrigatoria dun exame de lingua francesa para inmigrantes como requisito para conseguir o permiso de residencia.

    Fonte: Language Magazine

    24 de febreiro de 2023

    O Batalha Centro de Cinema do Porto acolleu a celebración do Día Internacional da Lingua Materna que contou entre outros actos coa entrega dos Premios Interculturalidade 2022, promovidos polo Espazo T - Asociación para o Apoio á Integración Social e a Comunidade de Bangladesh do Porto.

    Fonte: Porto

    23 de febreiro de 2023

    O consistorio lanza unha campaña para que as persoas que naceron entre 2001 e 2004 escollan o éuscaro como lingua de relación co ente municipal, xa que, a partir da maioría de idade, os trámites coa administración aumentan e quere coñecer o idioma que prefire utilizar este sector de entre 18 e 22 anos.

    Fonte: El Diario Vasco

    23 de febreiro de 2023

    A Consellería de Educación, Cultura e Deporte e a Corporación Valenciana de Medios de Comunicación presentan un portal de acompañamento e reforzo á aprendizaxe do valenciano, con recursos dixitais, audiovisuais e radiofónicos para adaptarse ás necesidades de todas as persoas que usan, practican e queren perfeccionar esta lingua, independentemente do dominio que teñan do idioma.

    Fonte: Magisterio

    23 de febreiro de 2023

    Segundo o académico Henrique Monteagudo os nenos e adolescentes galegofalantes sofren unha "presión desgaleguizadora" cando acceden ao sistema educativo, tanto nas aulas como na súa relación cos compañeiros e compañeiras.

    Fonte: Nós Diario

    22 de febreiro de 2023

    O Goberno do Xapón presentou unha proposta de lei para protexer e estandarizar o traballo das escolas de ensino de xaponés co fin de garantir uns parámetros mínimos de calidade.

    Fonte: The Japan Times

    22 de febreiro de 2023

    Un estudo elaborado pola institución pública de radiodifusión alemá WDR revelou que para case dous terzos da poboación de Alemaña a linguaxe inclusiva non xoga un papel importante.

    Fonte: IFN

    22 de febreiro de 2023

    Unha deputada do Movemento para a Democracia de Cabo Verde presentou un proxecto de lei para que o portugués sexa patrimonio cultural inmaterial por ser unha parte importante da historia do arquipélago.

    Fonte: Expresso das Ilhas 

    22 de febreiro de 2023

    Repués: Asinas se charraba en L´Almunia de Doña Godina é unha colección de máis de 2500 palabras e expresións propias da zona de La Almunia, da autoría de Gonzalo Orna Soria. O traballo de recompilación do autor comezou hai 40 anos, cando se comprometeu coa aprendizaxe da lingua aragonesa nun momento en que contaba con escaso recoñecemento social.

    Fonte: Ayuntamiento de La Almunia de Doña Godina

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder