Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de febreiro de 2023

    A renovación do Centro de Interpretación do Éuscaro ofrece unha experiencia interactiva, innovadora e inmersiva ás persoas visitantes e mostra a evolución desta lingua, o seu carácter inclusivo, a súa transmisión e diversidade, así como os retos de futuro e a riqueza e calidade da cultura vasca.

    Fonte: Diputación Foral de Bizkaia

    22 de febreiro de 2023

    Unha publicación da RAG recolle as contribucións presentadas o pasado mes de outubro de 2022 na VII Xornada de Onomástica Galega baixo o título Estudos de Onomástica Galega VII. A onomástica literaria.

    Fonte: Real Academia Galega

    22 de febreiro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Escola Infantil de Vite de Santiago de Compostela nos actos organizados pola Xunta de Galicia para celebrar o Día Internacional da Lingua Materna e nos que o alumnado do centro gozou do concerto de música infantil Gatuxo a cargo de Magín Blanco e María Faltri.

    22 de febreiro de 2023

    Con motivo do Día Internacional da Lingua Materna, o Goberno de Bangladesh solicitou á Organización das Nacións Unidas que esta adopte a lingua bengalí como idioma oficial.

    Fonte: Business Standard

    21 de febreiro de 2023

    Un estudo elaborado pola Universidade de Vigo revelou que o abandono da lingua mirandesa por parte de entidades públicas e privadas de Miranda do Douro está abocando a segunda lingua oficial de Portugal a unha situación crítica.

    Fonte: Bom dia

    21 de febreiro de 2023

    O Departamento de Relacións Cidadás e a entidade asinan un convenio de colaboración que conta con 145 000 euros e permitirá desenvolver o programa “Euskarak 365 egun”. O seu obxectivo é construír unha rede activa de relacións en éuscaro entre mozos e mozas.

    Fonte: Navarra.es

    21 de febreiro de 2023

    O obxectivo desta liña de subvencións é promover a oferta en catalán de obras non literarias escritas orixinalmente noutras linguas. As empresas editoriais interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o 30 de outubro.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    21 de febreiro de 2023

    A editorial Small Stations Press acaba de lanzar Galician Reader, unha nova web que recolle fragmentos de libros en galego traducidos ao inglés de máis de dez autoras e autores, e que irán incrementando nos próximos meses.

    Fonte: Galicia Confidencial

    21 de febreiro de 2023

    O proxecto falAI, desenvolvido por atlanTTic e a empresa Balidea, ten como obxectivo recompilar voces en galego que permitan xerar ferramentas de interacción co mundo dixital en galego. Co cancelo #A30frases, procurarase a participación do maior número de persoas posible para que graven a súa voz lendo 30 frases coas que se compoñerá un corpus lingüístico que permita adestrar un asistente conversacional por voz.

    20 de febreiro de 2023

    A Dirección Rexional das Comunidades do Goberno dos Azores, en colaboración coa compañía aérea SATA Azores Airlines, lanzou o concurso "Saudades da Terra" co fin de promover a produción literaria nas linguas maternas das diferentes comunidades inmigrantes do arquipélago.

    Fonte: Açoriano Oriental

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder