Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de febreiro de 2023

    O Departamento de Cultura busca promover iniciativas que fomenten o coñecemento e a difusión da lingua de signos catalá con proxectos de creación e divulgación cultural e lingüística, a través de subvencións destinadas a entidades privadas sen ánimo de lucro e a persoas físicas con sede e domiciliadas en Cataluña ou a empresas dun Estado membro da UE ou asociado ao Espazo Económico Europeo.

    20 de febreiro de 2023

    Os cursos van dirixidos a pais e nais con fillos ou fillas de idade escolar, persoas maiores de 55 anos, persoal do comercio e da hostalaría, persoas de orixe estranxeira, empregados e empregadas municipais e outras persoas que se consideren estratéxicas ou prioritarias para desenvolver o Plan de Acción para a Promoción do Uso do Éuscaro.

    20 de febreiro de 2023

    A Mesa pola Normalización Lingüística, CIG-Ensino e a AS-PG presentan a nova edición do Correlingua que este ano terá como lema “Na casa, na escola, bota a lingua fóra!”.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    20 de febreiro de 2023

    O concurso convocado pola Xunta de Galicia para promover entre os escolares o Día das Letras Galegas 2023 a través dunha exposición sobre o autor homenaxeado acaba de ser resolto e xa ten gañadores. Trátase do colexio CEIP Juan Rey de Lourenzá e do instituto IES Castelao de Vigo.

    20 de febreiro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, presentaron a programación que a Xunta de Galicia e a propia fundación organiza co gallo do aniversario da autora de Follas Novas o 23 de febreiro.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de febreiro de 2023

    Co gallo da celebración do Día Internacional da Lingua Materna, o Goberno galego, en colaboración con Ronsel de Ideas, lanza o xogo familiar «Ti es a chave da primavera», un conto dixital interactivo que ten como obxectivo concienciar sobre a transmisión da lingua galega como unha chave para o futuro.

    18 de febreiro de 2023

    O Departamento das Gaeltacht (zonas de fala gaélica) da República de Irlanda aprobou un fondo de medio millón de euros para apoiar o ensino do gaélico nas escolas por medio da contratación de auxiliares lingüísticos.

    Fonte: Galway Daily

    17 de febreiro de 2023

    O Instituto da Lingua Estoniana revelou a publicación do seu dicionario oficial de estoniano para o ano 2025. A obra de referencia publicarase tanto en liña como en papel.

    Fonte: ERR

     

    17 de febreiro de 2023

    O Tribunal de Xustiza da Unión Europea confirma a ilegalidade das dúas convocatorias de oposicións da Oficina Europea de Selección de Persoal que limitan ao inglés, francés e alemán a elección do segundo idioma como condición lingüística e como lingua de comunicación entre os candidatos e a oficina, despois de que España e Italia reclamasen a súa anulación.

    Fonte: La Voz de Asturias

    17 de febreiro de 2023

    O Departamento de Cultura abre a liña de axudas a empresas distribuidoras e a estudos de dobraxe para aumentar a oferta de contidos audiovisuais dobrados e subtitulados en catalán nas plataformas de vídeo, en Blu-ray e DVD. As solicitudes para dobrar e subtitular longametraxes e series nesta lingua poden presentarse ata o 30 de outubro.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder