A simplificación dos trámites e a maior formación do profesorado permitiu que 400 familias da cidade sarda de L'Alguer solicitasen o ensino da lingua catalá en actividades curriculares e extraescolares nas escolas.
Fonte: VilaWeb
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A simplificación dos trámites e a maior formación do profesorado permitiu que 400 familias da cidade sarda de L'Alguer solicitasen o ensino da lingua catalá en actividades curriculares e extraescolares nas escolas.
Fonte: VilaWeb
O Goberno catalán reúnese con diversas entidades vinculadas á defensa e promoción da lingua catalá para analizar o problema da perda de posicionamento nos buscadores de Internet, poñer en común accións levadas a cabo ata o momento e propoñer varias solucións coordinadas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A nova edición de Harrapazank do Concello de Bilbao ofrece diferentes actividades para impulsar o uso do éuscaro entre a xuventude de 10 a 16 anos e crear espazos onde mozos e mozas poidan compartir o seu tempo libre. O programa levarase a cabo entre marzo e maio con obradoiros de, por exemplo, fotografía ou percusión corporal, cun concurso de talentos e un duelo de gamers que posibilitará falar esta lingua tamén na Rede.
O plan de formación en lingua galega da Xunta de Galicia continúa a súa aposta por combinar a preparación presencial e en liña para chegar a calquera lugar facilitando, deste xeito, o acceso ao coñecemento do galego a todas aquelas persoas interesadas en preparar as probas que certifican a competencia nesta lingua.
O presidente da Sociedade Makivik, a organización que representa legalmente os pobos inuit do Canadá, fixo un chamamento ao Goberno canadense para que oficialice a lingua inuktitut en todo o país.
Fonte: Nunatsiaq News
A BBC, o servizo público de radio e televisión do Reino Unido, incorporou catro filmes gravados en córnico á súa plataforma iPlayer de vídeos baixo demanda.
Fonte: Cornwall Council
O País de Gales celebra unha nova edición do seu Día da Música en Galés co fin de honrar as músicas de raíz en galés e promover a súa difusión.
A medida que introduce o estoniano como única lingua de instrución nas institucións educativas estonianas provocou unha demanda no número de prazas para profesorado. As universidades de toda Estonia ofertarán un total de 400 prazas en cursos de formación para postos docentes.
Fonte: ERR
Os supermercados Lidl recibiron o prestixioso recoñecemento Cynnig Cymraeg que o Comisario da Lingua Galesa outorga ás empresas polas súas boas prácticas de uso e promoción do galés.
Fonte: Western Telegraph
O Instituto Navarro do Éuscaro e a conselleira reuníronse con axentes sociais da Ribera para poñer en común as actuacións do Goberno de Navarra no que se refire á promoción do éuscaro, como a cooperación entre institucións e cidadanía para aumentar o número de falantes e a creación de ámbitos nos que se fale esta lingua.
Fonte: Navarra.es
Subscríbase ao boletín