As dúas entidades asinaron un acordo de colaboración para a creación e coedición da colección «Ariadna» de textos clásicos latinos e gregos traducidos ao valenciano, que será publicada anualmente.
Fonte: El Periòdic
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
As dúas entidades asinaron un acordo de colaboración para a creación e coedición da colección «Ariadna» de textos clásicos latinos e gregos traducidos ao valenciano, que será publicada anualmente.
Fonte: El Periòdic
En 2021 o sector editorial incrementou a facturación en 600 000 euros con respecto ao exercicio anterior, dentro dun contexto moi estable. Este aumento veu acompañado dunha lixeira recuperación no número de títulos editados (769 en 2021 fronte aos 712 de 2020).
A Xunta de Galicia pon en marcha o novo curso de autoaprendizaxe en liña preparatorio do nivel Celga 3 de lingua galega. Así o anunciaron en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Julián Cerviño.
Un comunicado emitido pola Organización das Nacións Unidas (ONU) revela que arredor dun millón de crianzas tibetanas estarían sendo obrigadas a asimilar a cultura Han e a aprender o chinés mandarín.
Fonte: ONU News
A Academia Valenciana da Lingua e o Concello de Valencia firman un acordo para colaborar na promoción do valenciano co obxectivo de difundir o uso e a presenza desta lingua a través da formación e do asesoramento lingüístico do persoal municipal e das redes sociais.
Fonte: Valencia Plaza
A Deputación Foral de Biscaia celebra un acto de recoñecemento dos clubs e federacións deportivas do territorio pola súa contribución á normalización do éuscaro en todos os ámbitos do deporte.
Fonte: Diputación Foral de Bizkaia
A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo abriu o prazo para participar na segunda edición do Premio de investigación xurídica en lingua galega Xosé Luis Franco, un galardón que ten como obxectivo contribuír ao proceso de dinamización lingüística da Universidade de Vigo e fomentar o uso do galego nos traballos de investigación xurídica entre o alumnado.
A ministra de Traballo de Portugal, Ana Mendes Godinho, informou de que se está a incrementar o número de persoas migrantes procedentes de países de lingua oficial portuguesa que queren vivir e traballar en Portugal.
Fonte: Mundo Lusíada
Un grupo de expertos da Organización das Nacións Unidas (ONU) anunciou que as recentes medidas do Goberno de Letonia para limitar o ensino en linguas minoritarias en beneficio do letón poderían incorrer en discriminación.
Fonte: United Nations
A Generalitat e o Consello Xeral do Poder Xudicial elevan o nivel de catalán necesario para acreditalo como mérito nas solicitudes dos xuíces que aspiran a presidir o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña.
Fonte: La Vanguardia
Subscríbase ao boletín