Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de febreiro de 2023

    O ministro de Educación e Lingua Galesa do País de Gales, Jeremy Miles, anunciou a aprobación de novas partidas orzamentarias para 36 organizacións que se encargan de incentivar o uso do galés entre a poboación.

    Fonte: Llywodraeth Cymru / Welsh Government 

    02 de febreiro de 2023

    O Consorcio parra a Normalización Lingüística e o Teatro Nacional de Cataluña asinaron  un novo convenio de colaboración co que reafirman o compromiso das dúas entidades para impulsar o consumo cultural en catalán e o fomento do uso desta lingua.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    02 de febreiro de 2023

    Baixo o lema “Bilbon euskaraz”, esta campaña de sensibilización busca animar a cidadanía a usar o éuscaro, amosándolles as vantaxes e incidindo na idea do enriquecemento que supón esta lingua.  

    Fonte: Ayuntamiento de Bilbao

    02 de febreiro de 2023

    Estes dous obradoiros de acollemento lingüístico, de 36 horas de duración, están dirixidos principalmente a persoas adultas procedentes doutras comunidades lingüísticas que queiran achegarse ao galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    02 de febreiro de 2023

    O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou na Coruña nos actos para homenaxear o escritor Manuel Murguía co gallo do centenario do seu pasamento.

    01 de febreiro de 2023

    Diversos grupos empresariais do Reino Unido pediron ao Goberno británico que dea prioridade ás habilidades lingüísticas á hora de deseñar os currículos dos cursos de formación profesional. Un estudo revelou que as materias de linguas estranxeiras case non se ofertan neste nivel educativo no Reino Unido.

    Fonte: The Guardian

    01 de febreiro de 2023

    O Premio Pedro Lafuente en aragonés conta con catro categorías: a de narración curta, para textos de 15 a 20 páxinas; a de poesía, para poemas de 100 a 300 versos; a de zagals, para obras orais e escritas destinada a alumnado de infantil e primaria; e a de empresa, para as que favorezan a difusión do aragonés.

    01 de febreiro de 2023

    O Concello da Coruña abriu o prazo de inscrición na décima edición do Concurso de Monólogos Cómicos en Lingua Galega, un certame dirixido ao alumnado de secundaria, bacharelato e FP dos centros educativos da cidade que ten como obxectivo de fomentar o uso do galego entre a mocidade.

    01 de febreiro de 2023

    A Dirección de Vivenda, Solo e Arquitectura e o Centro Vasco de Terminoloxía e Lexicografía, Uzei, lanzaron un dicionario de termos arquitectónicos éuscaro-castelán para impulsar a comunicación en éuscaro neste ámbito. Trátase dun dicionario bilingüe en liña que conta xa con case 5100 vocábulos que se irán ampliando en posteriores fases.

    01 de febreiro de 2023

    O próximo ano lectivo 2023-2024, Guinea-Bissau contará co primeiro mestrado de Lingua Portuguesa na historia do país e será ofertado pola Escola Superior Tchico Té.

    Fonte: RFI

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder