A Guia de llenguatge planer é a primeira das accións deste proxecto, unha guía que ofrece consellos, exemplos e outros recursos co obxectivo de mellorar a comunicación da Administración coa cidadanía mediante o uso dunha linguaxe clara e inequívoca que facilite a compresión da información que se facilita.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Administración Nacional de Aeronáutica e Espazo (NASA, polas súas siglas en inglés) publicou páxinas web sobre aeronáutica en español coa intención de facer máis accesible este campo a toda a comunidade que fala este idioma.
Fonte: NASA
As reunións públicas que se celebren na Cámara Municipal da cidade portuguesa de Évora terán agora dispoñible a interpretación en lingua de signos portuguesa.
Fonte: O Digital
Un grupo de xornalistas presentou Diligente, o primeiro órgano de comunicación social en portugués de Timor Leste. Trátase dun proxecto exclusivamente en lingua portuguesa que pretende reforzar os medios de comunicación timorenses.
A cidadanía neerlandesa comprou 43,2 millóns de libros o ano pasado, o que supón un incremento do 0,4 %. Os exemplares en lingua inglesa lideraron as vendas mentres que as obras en neerlandés caeron un 3 %.
Fonte: NL Times
O Departamento de Economía e Facenda do Goberno vasco xa conta coa versión en éuscaro do software de xestión empresarial SAP, grazas á primeira tradución da ferramenta a esta lingua realizada polo grupo LKS Next.
Os usuarios denuncian que, malia ter o navegador configurado en catalán, este prioriza os resultados en castelán. Google, pola súa banda, admite este problema e afirma que está a traballar na procura de solucións.
Fonte: Públic
O concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal chega á súa sexta edición para fomentar a expresión creativa e a presenza do galego no ámbito dixital. Poderán presentarse a este certame historias de ata 200 palabras nalgunha das categorías existentes: infantil (ata 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e persoas adultas (a partir de 18 anos).
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) publicou na súa canle de YouTube as intervencións da oitava edición do «LGx15. Ideas para o futuro da lingua», que incluíu oito charlas con consellos para influír de xeito positivo no futuro do galego.
O Goberno de Irlanda elaborou un informe onde fixo balance da aplicación da Lei de linguas oficiais durante todo o ano pasado. Entre os logros saliéntase, entre outros, o incremento da publicidade en gaélico nos medios de comunicación.
Fonte: Gov.ie
Boletín
Subscríbase ao boletín



