Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de xaneiro de 2023

    O parlamento de Corea do Norte aprobou unha nova lei para protexer o idioma do país de influencias estranxeiras ante a popularización entre a mocidade do país de expresións procedentes de medios de comunicación estadounidenses e surcoreanos. 

    Fonte: Página 12

    20 de xaneiro de 2023

    Google anunciou que acaba de expandir a funcionalidade de tradución sen conexión a 33 novas linguas, entre elas, o éuscaro, co obxectivo de poder traducir textos sen necesidade de conectarse a internet.

    20 de xaneiro de 2023

    Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar a aprendizaxe do éuscaro a través dunha axuda que recibirá cada solicitante e que dependerá dos seus ingresos anuais.

    20 de xaneiro de 2023

    O Club de Debate é un proxecto colaborativo impulsado por varios concellos galegos co obxectivo de contribuír á dinamización lingüística e cultural no ámbito educativo, á fluidez comunicativa en galego, ao pensamento crítico e ao respecto pola diversidade de opinións.

    20 de xaneiro de 2023

    As longametraxes Matria, de Álvaro Gago, e Sica, de Carla Subirana, estrearanse no mes de febreiro na Berlinale, o Festival Internacional de Cine de Berlín. Ambos os dous filmes rodáronse en galego, co mar como escenario e con mulleres como protagonistas.

    Fonte: El Diario

    20 de xaneiro de 2023

    A Xunta de Galicia acaba de convocar o programa de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para centros educativos no curso 2022/2023. O obxectivo desta iniciativa é animar o profesorado a desenvolver accións que revertan positivamente na dinámica lingüística habitual do centro escolar e xeren melloras permanentes na práctica docente e na realidade do ensino.

    20 de xaneiro de 2023

    O escritor angolano Ondjaki foi o vencedor do premio literario Vergílio Ferreira 2023 da Universidade de Évora grazas á súa contribución para que o portugués sexa lingua de reconciliación para todos os seus falantes.

    Fonte: O Minho

    20 de xaneiro de 2023

    A Dirección Municipal de Cultura de Lisboa escollerá un autor ou autora de lingua portuguesa para realizar unha residencia literaria en Maputo, capital de Mozambique, dentro dun programa de intercambio literario promovido pola Cámara Municipal de Lisboa, o Camões e o Centro Cultural Portugués de Maputo.

    Fonte: Sapo 

    19 de xaneiro de 2023

    No marco dunhas xornadas en San Millán de la Cogolla, a directora de Cultura do Instituto Cervantes explicou que a entidade está a traballar para que se identifique o español como idioma de ciencia.

    Fonte: La Vanguardia

    19 de xaneiro de 2023

    Distribuiranse uns 11 000 agasallos (unha bolsa que inclúe unha carta en doce linguas, dous triángulos para o coche e un disco con arrolos en catalán)  en todas as maternidades co obxectivo de poñer en valor a diversidade lingüística e facilitar o coñecemento do catalán entre as xeracións futuras.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder