Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de xaneiro de 2023

    Lámbrica Producciones están desenvolvendo Heliotropo, unha curtametraxe de ciencia ficción en galego que se atopa en fase de posprodución. Para poder finalizala lanzaron unha campaña de crowdfunding coa que pretenden recadar 2500 €.

    Fonte: Xornal

    19 de xaneiro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na dobre presentación do libro Xesús Mato, 90 anos... e 50 do seu Fuxan os Ventos, unha homenaxe ao crego e musicólogo fillo predilecto do concello de Paradela.

    18 de xaneiro de 2023

    O estudo Afrobarometro revelou que na actualidade a maior parte da cidadanía caboverdiana apoia o recoñecemento do crioulo caboverdiano como lingua oficial a par do portugués.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    18 de xaneiro de 2023

    En Sapwuahfik, un pequeno atol do Pacífico situado na rexión da Micronesia, os homes falan un curioso idioma, o ngatikese crioulo que naceu como unha fusión entre o inglés e o dialecto ngatikese, unha variedade do pohnpeiano.

    Fonte: ACV

    18 de xaneiro de 2023

    Xa está aberto o prazo para participar nos tres premios literarios que convoca o Concello da Estrada: o de poesía Avelina Valladares, o de novela Manuel García Barros e o de álbum ilustrado Alberte Quiñoi.

    Fonte: Faro de Vigo

    18 de xaneiro de 2023

    Esta carta de servizos avalía as prestacións do Gabinete de Normalización Lingüística que, entre outros labores, se ocupa de ofrecer asesoramento lingüístico, formación e promoción do valenciano, así como de informar sobre as actividades relacionadas co uso e o coñecemento desta lingua.

    18 de xaneiro de 2023

    Zineuskadi, a iniciativa de promoción do cine vasco, organiza unha nova edición do programa Zinema Euskaraz 2023, co obxectivo de promover estreas comerciais de cinema en éuscaro.  

    Fonte: Audiovisual451

    17 de xaneiro de 2023

    Centos de persoas acudiron a unha manifestación no condado galés de Carmarthenshire para demandar máis medidas de protección para a lingua galesa despois de que os últimos datos do censo revelasen unha forte caída de falantes nesta zona.

    Fonte: BBC

    17 de xaneiro de 2023

    A Universidade de Groninga, único lugar onde se podía obter unha titulación de frisón nos Países Baixos, deixará de ofertar o estudo deste idioma, segunda lingua oficial do país, tras decidir non contratar ningún profesor a tempo completo.

    Fonte: Dutch News

    17 de xaneiro de 2023

    Baixo o lema «La llengua camina», estas excursións para practicar o catalán organízanse no marco da campaña «Mou la llengua». As primeiras levaranse a cabo en Mallorca e Menorca, pero proximamente chegarán tamén a Formentera e Eivisa.

    Fonte: Mallorca Diario

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder