Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de xaneiro de 2023

    Entre a oferta formativa que ofrece o Centro de Linguas Modernas inclúense cursos de galego para non galegofalantes (niveis básicos A1 e A2) que se poderán realizar no campus de Santiago (modalidade presencial) e no de Lugo (modalidade en liña).

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    24 de xaneiro de 2023

    O Goberno balear e o Instituto de Estudos Baleáricos (IEB) reeditaron a publicación Viure a les Illes Balears, un vocabulario en imaxes con palabras referidas a situacións comunicativas da vida cotiá que ten como obxectivo darlles a coñecer a realidade lingüística do arquipélago aos novos residentes.

    24 de xaneiro de 2023

    Proxector, un espazo web impulsado pola Universidade de Santiago e o Consello da Cultura Galega, xa supera o milleiro de pezas audiovisuais realizadas ou subtituladas en galego dirixidas á comunidade universitaria e ao alumnado de secundaria

    23 de xaneiro de 2023

    A casa editorial da Universidade do Porto publicou o ensaio Português Língua Não Materna: Contextos, Estatutos e Práticas de Ensino numa Visão Crítica. A obra pretende ofrecer ás lectoras e lectores unha perspectiva actualizada do ensino do portugués en varios países.

    Fonte: Notícias Universidade do Porto

    23 de xaneiro de 2023

    O Tribunal Superior de Xustiza Electoral (TSJE, polas súas siglas en español) e o Ateneo da Lingua e Cultura Guaraní asinaron un acordo de colaboración para garantir a educación superior e a divulgación do idioma guaraní.

    Fonte: La Nación

    23 de xaneiro de 2023

    Tres proxectos aspiran a asegurar a presenza das linguas cooficiais no mundo dixital (AINA para o catalán, NÓS para o galego e GAITU para o éuscaro) grazas aos fondos europeos do PERTE da Nova Economía da Lingua. Para levalos a cabo, deben construír uns corpus lingüísticos, tanto escritos como orais, antes do 31 de decembro de 2025.

    23 de xaneiro de 2023

    A Generalitat de Catalunya e o Conselh Generau d’Aran celebraron unha reunión da Comisión Bilateral na que acordaron aumentar as transferencias para o fomento e a protección do occitano e estudar conxuntamente as necesidades desta lingua.

    23 de xaneiro de 2023

    A Deputación de Pontevedra e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) organizaron un acto en Tomiño para celebrar as conexións culturais da Lusofonía e Galicia, sobre todo, no territorio transfronteirizo do Miño.

    Fonte: Deputación de Pontevedra

    23 de xaneiro de 2023

    O Goberno galego segue traballando no cumprimento da Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, coñecida comunmente como Lei Paz Andrade.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de xaneiro de 2023

    Os guatós, unha etnia secular da rexión do Pantanal, no Brasil, tenta salvar a súa lingua da extinción. Aínda que só existe unha persoa que a fala con fluidez, a lingua guató agora forma parte do currículo da escola local.

    Fonte: Terra 

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder