O programa «Ikusi eta Ikasi » chega á súa 19ª edición, que se desenvolverá entre o 16 de xaneiro e o 26 de maio nos diferentes barrios da cidade, co obxectivo de crear espazos de lecer familiar en éuscaro e contribuír así a normalizar o uso desta lingua.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convoca probas de avaliación en competencias clave, entre as que está a comunicación en lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un grupo de lingüistas vaticinan que o cambio climático e a consecuente subida do nivel do mar podería supor a desaparición da metade das linguas faladas no mundo antes do final de século.
Fonte: The Guardian
A Deputación de Pontevedra, a Irmandade Xurídica Galega e a Xunta da Galicia, xunto a 35 concellos da provincia, asinaron Declaración de Pontevedra, un manifesto no que se comprometen a impulsar o uso do galego nas relacións entre as corporacións locais e a Xustiza.
Fonte: Deputación de Pontevedra
Once ministros do Goberno de Marrocos reuníronse na localidade de Khemisset para acelerar a implantación do carácter oficial da lingua tamazight coa aprobación de varios proxectos que potencian o seu uso.
Fonte: NewsESEuro
Ata o 24 de xaneiro poderá visitarse no Centro de Congresos a exposición «Teixim llaços des del sud del sud» que pon en valor a riqueza cultural e lingüística valenciana a través de 12 paneis e un documental.
Fonte: El Periódic
A campaña de impulso da aprendizaxe do éuscaro entre a poboación infantil, que se desenvolverá entre o 13 e o 29 de xaneiro, está destinada a familias navarras e ten como lema «Regálalles o éuscaro e chegarán moi alto / Euskararekin, gora eta gora beti!».
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do volume Unha amizade con Ferrol ao fondo. Correspondencia entre Carvalho Calero e Tomás Barros (1947-1983), do catedrático da Universidade da Coruña Xosé Ramón Freixeiro Mato.
O Colexio Científico de s’Academia de su Sardu lanzou o proxecto dixital Lemons que pretende recoller e documentar termos das diferentes variantes sardas co obxectivo final de unificar a lingua.
Fonte: ANSA
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo inaugura un ciclo de actividades gratuítas que inclúen obradoiros, xogos e lecturas que teñen como obxectivo ensinar ás crianzas palabras en linguas indíxenas.
Boletín
Subscríbase ao boletín




