Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de xaneiro de 2023

    Un grupo de expertos das Nacións Unidas emitiron un comunicado onde expresan a súa preocupación polas políticas de asimilación lingüística e cultural exercidas pola China na Rexión Autónoma do Tíbet.

    Fonte: Central Tibetan Administration

    11 de xaneiro de 2023

    O partido que goberna a República Moldova está a estudar a posibilidade de mudar o nome da súa lingua nacional, moldovo, polo termo "romanés".

    Fonte: Sada Elbalad

    11 de xaneiro de 2023

    O novo especial da web Proxector leva por título “Quecemento global: ameazas e oportunidades”, unha entrega na que se ofrecen unha ducia de recursos audiovisuais sobre este tema.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    11 de xaneiro de 2023

    Baixo o título de Moñacos (bonecos en aragonés), os dez capítulos desta miniserie, de pouco máis dun minuto de duración cada un, tratan aspectos básicos para aprender esta lingua, como saúdos, despedidas, partes do corpo, animais, familia etc.

    Fonte: La Vanguardia

    11 de xaneiro de 2023

    O Executivo vasco decidiu rebaixar os criterios e os procedementos para a obtención do certificado Bikain de xestión do éuscaro, xa que, dende a súa creación, no ano 2007, só 400 entidades lograron esta acreditación lingüística.

    Fonte: El Independiente

    11 de xaneiro de 2023

    A nova versión do Aragonario incorpora tres vocabularios temáticos, así como unha revisión xeral que permitiu engadir 4660 entradas no enderezo aragonés-castelán e 3576 no enderezo castelán-aragonés.

    Fonte: AraInfo

    11 de xaneiro de 2023

    O Boletín Oficial da Provincia publicou as bases reguladoras da convocatoria de axudas, á que a Deputación da Coruña destinará 550 000 euros, dirixida aos concellos, agrupacións de municipios, mancomunidades e outras entidades locais da provincia para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística.

    Fonte: La Opinión

    11 de xaneiro de 2023

    O Dicionario da Real Academia Galega incorporou o ano pasado preto de 400 cambios entre novas entradas, novas acepcións en lemas xa rexistrados e modificacións na redacción das definicións.

    Fonte: Real Academia Galega

    10 de xaneiro de 2023

    Un concelleiro da cidade escocesa de Edimburgo pediu que as liñas de tranvía que se empregan na cidade inclúan o nome das paradas en gaélico escocés.

    Fonte: Edinburghlive

    10 de xaneiro de 2023

    O proxecto «Cruzando fronteiras lingüísticas: na procura da capacidade lingüística humana en África Occidental e América Central» ten como obxectivo mellorar a comprensión dos aspectos estruturais, sociais, culturais e cognitivos da comunicación multilingüe en Benín e Belice.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder