Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de xaneiro de 2023

    As cerimonias de presentación dalgúns ministerios do novo Goberno de Lula da Silva evidenciaron un uso crecente da linguaxe inclusiva, por exemplo a forma "todes", que é utilizada para se referir a persoas que non se identifican co xénero masculino nin co feminino.

    Fonte: Estado de Minas

    06 de xaneiro de 2023

    Co 53 % dos votos, "guerra" foi escollida como palabra do ano 2022 en portugués nun certame organizado pola Porto Editora.

    Fonte: Público

    05 de xaneiro de 2023

    Co lema «Euskara, bihotzetik ahora» (O éuscaro do corazón á boca), un mural urbano na rúa Bizkai de Galdakao ten como obxectivo impulsar o uso do éuscaro na vida diaria.  

    Fonte: Deia

    05 de xaneiro de 2023

    Coincidindo coas festas de Nadal, cobran especial relevancia propostas lúdicas en galego e con temática galega, con varios xogos e xoguetes que abranguen diferentes xéneros e idades e que van desde adaptacións de xogos xa coñecidos, ata xogos de mesa, xoguetes educativos...

    Fonte: Culturagalega.org

    05 de xaneiro de 2023

    O proxecto «O nuestro charrar / El nostre parlar» chegará aos centros educativos aragoneses para divulgar a diversidade lingüística de Aragón dun xeito divertido coa recuperación de frases feitas e expresións en aragonés e catalán.

    Fonte: Aragón Noticias

    04 de xaneiro de 2023

    A cadea de supermercados Kaufland introduciu paneis bilingües polaco-silesio nos seus supermercados do sur de Polonia co obxectivo de promover a presenza da lingua vernácula nas superficies comerciais.

    Fonte: Notes from Poland

    04 de xaneiro de 2023

    A agrupación Cymdeithas yr Iaith convocou unha marcha a favor da lingua galesa na cidade de Carmarthen para demandar ao Goberno de Gales accións inmediatas perante o importante descenso do número de falantes de galés.

    Fonte: Western Telegraph 

    04 de xaneiro de 2023

    O estado de Míchigan (EUA) prohibiu ás persoas presas utilizar libros ou dicionarios escritos en linguas diferentes ao inglés. A medida foi xustificada por razóns de seguranza.

    Fonte: Language Magazine

    04 de xaneiro de 2023

    Despois do cambio lexislativo que reduce a presenza do ruso nas escolas estonianas, moitos centros educativos do país báltico teñen dificultades para atopar profesorado en linguas estranxeiras diferentes a esta lingua. A razón é a escaseza xeral de profesores e profesoras.

    Fonte: Baltic News Network

    04 de xaneiro de 2023

    A Fundación Antonio Pereira convocou Premio Internacional de Poesía Centenario Antonio Pereira, para poemarios escritos en lingua galega ou en lingua española, cando se conmemoran os 100 anos do nacemento deste autor berciano.  

    Fonte: El Bierzo Digital

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder