Segundo os datos do INE, a poboación que fala correctamente asturiano non alcanza o 3 %, unha porcentaxe menor que a que afirma falar ben en inglés (13,5 %) ou en francés (3,3 %).
Fonte: Cadena SER
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Segundo os datos do INE, a poboación que fala correctamente asturiano non alcanza o 3 %, unha porcentaxe menor que a que afirma falar ben en inglés (13,5 %) ou en francés (3,3 %).
Fonte: Cadena SER
A lingua romanche perde dous cantóns en Suíza que pasan a formar parte do territorio de fala alemá. A pesar deste cambio, o número de falantes desta lingua oficial suíza mantense estable.
Fonte: Swissinfo
Varios grupos parlamentarios rexistraron unha proposición de lei foral no Parlamento de Navarra pedindo a modificación da lei do éuscaro para permitir que Mañeru se incorpore á zona mixta, tal e como solicitou este municipio.
Fonte: Navarra.com
Ambas as institucións asinaron un convenio para a colaboración conxunta en actuacións destinadas á promoción do valenciano, co gallo do 90 aniversario das Normes de Castelló.
Fonte: Actualitat Valenciana
A palabra birra foi escollida, co 32,6 % dos votos, como neoloxismo do ano 2022 tras unha votación impulsada polo Instituto de Estudos Cataláns e a Universidade Pompeu Fabra, na que quedou en segundo lugar salut mental, co 19,6 %.
Fonte: Última Hora
A Xunta de Galicia publicou dúas convocatorias de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego no ámbito do ensino non universitario durante o curso 2022/2023, unha dirixida a centros de titularidade pública e outra a centros de titularidade privada.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Comadre, unha das seis voces finalistas na votación popular promovida pola RAG e a Fundación Barrié, a través do Portal das Palabras, converteuse na Palabra do Ano 2022 con máis do dobre de votos que o segundo vocábulo máis apoiado, candorca. O terceiro termo en votos foi ecocidio, seguido de resiliencia, autoestima e inflación.
A Xunta de Galicia concedeu o V Premio CGAC de investigación e ensaio a Jorge Fernández Gonzalo polo traballo A caverna baleira. Catálogo de arte inmaterial, imposible e inexistente que acadou a máxima puntuación, vistas as deliberacións do xurado nomeado para o efecto.
A obra A mística da feminidade en Mad Men, de Xosé Antón Cascudo, resultou gañadora do XXII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, que organizan conxuntamente a Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega.
A AVL prepara un informe sobre o decreto que regulará a competencia en valenciano no sistema educativo para analizar as súas consecuencias, contribuír a un maior acordo social e abordar solucións máis satisfactorias.
Fonte: El Periódico de Aquí
Subscríbase ao boletín