Acábase de publicar a segunda edición, corrixida e aumentada, do dicionario ortográfico, gramatical e morfolóxico de lingua occitana de Josiana Ubaud, cunhas 119 000 entradas.
Fonte: Jornalet
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Acábase de publicar a segunda edición, corrixida e aumentada, do dicionario ortográfico, gramatical e morfolóxico de lingua occitana de Josiana Ubaud, cunhas 119 000 entradas.
Fonte: Jornalet
O dicionario Cambridge da lingua inglesa modificou as entradas de "man" (home) e "woman" (muller) para incluír as persoas transxénero.
Fonte: CNN
O termo de base portuguesa "portuñol" é unha das 280 palabras que pasan a pertencer ao Dicionario da Real Academia Española.
Fonte: Observador
Lúa García, M.ª Inés Cuadrado e Alberto Guntín, autores do guión Acotío, son os gañadores do IV Premio Daniel Domínguez de guión en galego polo que recibirán 2000 euros, así como unha subscrición gratuíta ilimitada ao mercado en liña da plataforma Filmarket Hub.
Fonte: Culturagalega.org
O proxecto Araina ten como obxectivo crear o primeiro corpus de voz en aranés a partir da participación colectiva, para o cal se organizou un acto de oito horas de gravación no que un centenar de persoas leu unhas 4000 frases nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Este certame, organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, xa ten os finalistas desta sexta edición para os seus oito premios que se disputarán 22 propostas.
Fonte: Galicia Confidencial
A sesión de traballo serviu para acordar a coordinación das políticas de dobraxe e subtitulación ao catalán e a creación dun grupo de traballo para mellorar o sistema de homologacións de títulos de catalán procedentes do ensino regrado, así como analizar a situación desta lingua no mundo dixital, entre outros temas.
Boadicea é unha nova editorial, fundada por Alba Rozas, José Manuel Dopazo e Marcos López, que nace co obxectivo de consolidar unha produción de obras en galego centradas na fantasía, a ciencia ficción e o medo.
Fonte: Culturagalega.org
O Instituto Nacional de Estatística (INE) presentou novos datos demolingüísticos sobre o coñecemento e uso das linguas. No que respecta a Galicia, o máis salientable é que por primeira vez móstrase que o castelán xa é a lingua de uso maioritario nesta comunidade.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A plataforma impulsora da campaña «La justícia, també en català» envioulle unha carta ao Tribunal Superior de Xustiza de Baleares para solicitarlle ao Consello Xeral do Poder Xudicial que promova medidas que permitan avanzar no uso do catalán no ámbito xudicial.
Fonte: Diario de Mallorca
Subscríbase ao boletín