Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de decembro de 2022

    O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu a gala de entrega da quinta edición dos premios Lingua e Empresa que convoca o Concello de Ames para fomentar o uso do galego no ámbito empresarial.

    Fonte: Concello de Ames

    20 de decembro de 2022

    Segundo a nova lei aprobada polo Parlamento de Estonia, as escolas e institutos de lingua rusa deste país báltico deberán agora mudar a súa lingua de instrución para o estoniano, o idioma nacional.

    Fonte: Estonian World

    20 de decembro de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do Centro Dramático Galego (CDG), Fran Núñez, presentaron Phōnē, o proxecto que o Goberno galego lidera xunto a nove socios internacionais co obxectivo de contribuír á salvagarda da diversidade cultural e lingüística en Europa conectando as persoas a través do teatro.

    19 de decembro de 2022

    Un estudo elaborado pola Universidade de Swansea, en Gales, revelou que as redes sociais poden ameazar o futuro da lingua galesa e pór en risco a saúde mental dos seus falantes.

    Fonte: Nation Cymru

    19 de decembro de 2022

    Varios lingüistas de Cabo Verde e Guinea-Bissau critican o atraso na promoción e consideración dos crioulos caboverdiano e guineano como linguas nacionais destes dous países lusófonos.

    Fonte: RTP

    19 de decembro de 2022

    O Goberno balear decidiu non esixir o coñecemento de catalán ante o déficit existente en todas as especialidades de medicina e de enfermería.

    Fonte: Menorca

    19 de decembro de 2022

    O especial de decembro de Proxector ofrece, baixo o título "Montes e montañas: un tesouro patrimonial e económico de Galicia", unha selección de audiovisuais en galego para a docencia sobre toponimia, paisaxe, lendas, silvicultura ou desenvolvemento rural.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    19 de decembro de 2022

    O Concurso “Quero Cantar”, dirixido a solistas ou grupos musicais integrados por rapaces e rapazas de ata 16 anos, ten como obxectivo promover o uso do galego, así como a creatividade poética e musical entre a poboación infantil e xuvenil.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    19 de decembro de 2022

    O Instituto de Estudos Cataláns (IEC) presentou o Nomenclátor mundial, unha obra que contén 8500 nomes de lugar de máis de 200 países, en concreto, os topónimos máis coñecidos e de uso máis habitual procedentes dun corpus de aproximadamente 7000 formas.  

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    18 de decembro de 2022

    O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou que a homenaxe a Álvaro Cunqueiro na Insua dos Poetas, na parroquia de Esgueva (O Carballiño), reforza este espazo como referente da lingua e a cultura galegas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder