Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de decembro de 2022

    Como cada 18 de decembro, as Nacións Unidas conmemoraron en todo o mundo o Día Internacional da Lingua Árabe, un dos idiomas oficiais deste organismo internacional. O tema deste ano é a contribución da lingua árabe á civilización e á cultura mundiais.

    Fonte: Daily Trust

    16 de decembro de 2022

    O Museo da Lingua Portuguesa da cidade portuguesa de Bragança está bloqueado nos tribunais por un litixio xudicial. A obra estaba proxectada desde hai máis dunha década.

    Fonte: Mundo Lusíada

     

    16 de decembro de 2022

    Un grupo de nenas e nenos refuxiados procedentes de Ucraína aprende galés en 11 semanas co fin de melloraren a súa integración na cultura galesa.

    Fonte: BBC

    16 de decembro de 2022

    O Goberno de Aragón está a ultimar un decreto, en fase de debate e contribucións, para regular o uso do aragonés e o catalán no ámbito das Administracións públicas, aínda que o castelán manterá a súa preeminencia  legal.

    Fonte: AraInfo

    16 de decembro de 2022

    Nunha comparecencia na Xunta Xeral presentáronse as principais actuacións en materia de política lingüística para 2023: actualización do tradutor castelán-asturiano Eslema.2, creación dun corrector ortográfico, impulso aos estudos de linguaxe administrativa en asturiano e en galego-asturiano, creación de novos servizos de normalización lingüística municipais, convocatoria de axudas para actividades en asturiano (para empresas e asociacións) etc.  

    16 de decembro de 2022

    Euskalgintzaren Kontseilua organiza esta campaña para demandar que o éuscaro sexa oficial en toda Navarra, xa que, segundo defenden, é o único xeito para garantir os dereitos lingüísticos, a cohesión e a igualdade.  

    Fonte: EITB

    16 de decembro de 2022

    O proxecto A Letra do Reino rescata a tipografía medieval galega que xa está dispoñible na rede para a súa descarga gratuíta. Este recurso creouse a partir de fontes que se empregaron en manuscritos e representacións pétreas e pictóricas da Idade Media en Galicia.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    16 de decembro de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a xira do espectáculo escénico Política Sentimental. O encontro necesario entre María Casares e Albert Camus, organizada pola Xunta de Galicia como parte da ampla programación de actividades realizadas durante todo o ano para celebrar o centenario de María Casares.

    16 de decembro de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega da XVI edición do Premio Narrativa Breve Repsol ao xornalista e escritor Alberto Ramos pola súa obra Os corpos dos Romanov.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    16 de decembro de 2022

    Nace en París a Unión Europea de Escritores de Lingua Portuguesa (UEELP) co obxectivo de promover no continente europeo a produción literaria en portugués.  

    Fonte: Publishnews

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder