Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de setembro de 2022

    A ministra de Economía de Letonia, Ilze Indriksone, anunciou que o seu ministerio empregará a partir de agora o letón de xeito exclusivo para se comunicar coa súa clientela.

    Fonte: Baltic News Network

    09 de setembro de 2022

    A ministra de Educación de Lituania, Jurgita Siugzdiniene, anunciou que as escolas públicas do país báltico deixarán de ofertar o ruso como segunda lingua estranxeira.

    Fonte: Sada El balad

    09 de setembro de 2022

    O Tribunal de Xustiza da Unión Europea deu o visto e prace a unha lei letoa que obriga as universidades a impartiren as materias unicamente na lingua nacional.

    Fonte: Courthouse News Service

    09 de setembro de 2022

    Ademais, segundo a mesma enquisa, un 35 % dos cataláns que non teñen LinkedIn usaríano se incorporase a lingua catalá, unha porcentaxe que se incrementa ata o 48 % no caso da xente nova.

    Fonte: Plataforma per la Llengua

    09 de setembro de 2022

    Xa está aberto o prazo de matriculación para os cursos de éuscaro dirixidos a nais e pais cunha campaña que ten como lema «Concilia a túa vida co éuscaro».

    Fonte: EITB

    09 de setembro de 2022

    O Servizo de Normalización Lingüística anima a aprender xogando a través dunha serie de pasatempos en galego, con adiviñas, labirintos, sopas de letras... para que a volta ás aulas sexa máis divertida.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    09 de setembro de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Pazo de San Roque na presentación da proposta musical «Novas Músicas en Galego», promovida pola Xunta de Galicia, que terá o seu espazo no festival Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 no Monte do Gozo.

    09 de setembro de 2022

    O ministro de Educación de Estonia, Tõnis Lukas, anunciou que o estoniano vai ser no próximo curso a única lingua de instrución na maioría dos centros educativos do país.

    Fonte: BNN

    09 de setembro de 2022

    Kela, a institución da seguridade social de Finlandia, ofrecerá un servizo de interpretación instantánea ás persoas que non falen finés ou sueco.

    Fonte: YLE

    08 de setembro de 2022

    Do 5 ao 9 de setembro celébranse as xornadas «Las lenguas del Camino» que inclúen seis conferencias sobre a historia, a evolución e a situación actual das linguas que se falan por onde discorren as distintas rutas do Camiño de Santiago no norte da península.  

    Fonte: Gente

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder