Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de setembro de 2022

    A Deputación de Pontevedra e a produtora Butaca Zero estrearán o 10 de setembro no escenario das Ruínas de San Domingos a ópera galega e en galego Papagena que logo visitará outros cinco concellos da provincia: O Grove, Caldas, Tui, Gondomar e Bueu.

    05 de setembro de 2022

    Desde finais dos anos setenta do pasado século, o Goberno do Canadá concede bonificacións a aquelas persoas traballadoras que empreguen o francés e o inglés no ámbito laboral. Porén, o Goberno rexeita conceder a mesma gratificación a aquelas persoas que, ademais dunha lingua oficial, falen unha lingua indíxena.

    Fonte: The Guardian

    05 de setembro de 2022

    Unha axencia de noticias de Emiratos Árabes anunciou que os tribunais da cidade de Abu Dhabi permitirán a partir de agora presentar demandas e formularios en lingua española.

    Fonte: Heraldo

    05 de setembro de 2022

    Por segundo ano consecutivo lánzase esta campaña para que as persoas que acaban de chegar á comarca dean un paso para aproximarse ao éuscaro, cada unha desde a súa realidade, aprendendo palabras, acudindo a actividades culturais etc.

    Fonte: El Diario Vasco

    05 de setembro de 2022

    O CatAragonario, dicionario en liña do catalán de Aragón, inclúe máis de 8000 entradas que mostran o equivalente da palabra en castelán, catalán normativo e nas correspondentes solucións dialectais distribuídas por comarcas.

    Fonte: Aragón Universidad

    05 de setembro de 2022

    Un grupo internacional de investigadores afirma ter descodificado a antiga lingua linear elemita, utilizada na Idade de Bronce pola civilización de Elam, natural do territorio que hoxe corresponde ao sur de Irán.

    Fonte: Haaretz

    02 de setembro de 2022

    O partido SINN Féin de Irlanda do Norte recibiu varias propostas para abrir novas escolas de inmersión en gaélico irlandés e duplicar así o número de centros deste tipo.

    Fonte: Belfast media

    02 de setembro de 2022

    Un grupo de científicos brasileiros da Universidade Federal do Ceará elaborou unha aplicación que permite traducir automaticamente textos en nheengatu, a única lingua viva descendente do tupí antigo.

    Fonte: Brasil de Fato

    02 de setembro de 2022

    Destinaranse 2 millóns de euros a subvencións para aumentar o uso e a presenza do éuscaro nos centros de traballo dos sectores privados ao longo do ano 2022.

    02 de setembro de 2022

    EITB prepara unha nova serie en éuscaro, ambientada no mundo do surf, que se estreará en 2023. Estará formada por oito episodios protagonizados, entre outros, por Jon Plazaola, Nerea Mazo, Itziar Atienza, Jon Mendia e Nerea Garmendia.

    Fonte: TVienes

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder