Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de setembro de 2022

    O sindicato FAC-USO Galicia interpuxo un recurso de reposición contra as bases da Oferta de Emprego Público de 2019 por incluír a esixencia de proba de coñecemento de castelán e non de galego.

    Fonte: Galicia Confidencial

    08 de setembro de 2022

    A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense puxo en marcha o pasado curso esta iniciativa co dobre obxectivo de fomentar o uso do galego e a reflexión crítica sobre temas de interese social. Para esta nova edición están programadas tres sesións centradas en “realidades invisibilizadas” coa participación das escritoras An Alfaya, Paula Carballeira e Eva Mejuto.

    07 de setembro de 2022

    A Oficina Federal de Estatística de Suíza revelou que no ano 2020 un 23 % das persoas residentes no país alpino falan como primeiro idioma unha lingua diferente ás catro linguas nacionais, o que supón un aumento de catro puntos porcentuais respecto ao 2010.

    Fonte: 20 minutes

    07 de setembro de 2022

    Unha asociación a prol do éuscaro da localidade vascofrancesa de Saint-Jean-Pied-de-Port (Donirane Garazi, en éuscaro) decidiu mudar a orde dos topónimos e dar prioridade á denominación en lingua vernácula na sinalización de entrada á poboación.

    Fonte: Mediabask

    07 de setembro de 2022

    En total ofrécense máis de 1300 cursos de catalán  de todos os niveis que suporán unhas 28 500 prazas. Respecto á modalidade, poderán ser presenciais ou en liña, e tamén semivirtuais.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    07 de setembro de 2022

    O Centro de Interpretación do Aragonés acollerá o festival MosiCasbas que ten como obxectivo poñer en valor esta lingua a través da música. En total, celebraranse catro concertos cada domingo desde o 11 de setembro ata o 2 de outubro.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    07 de setembro de 2022

    O proxecto «Efficient Syntactic Analysis for Large-scale Sentiment Analysis» (SALSA), dirixido polo investigador Carlos Gómez Rodríguez, recibirá un financiamento de 150 000 euros do Consello Europeo de Investigación (ERC).

    06 de setembro de 2022

    A iniciativa da lingua galesa da cidade de Swansea revelou un proxecto que fomentará a organización de eventos musicais en galés nesta localidade galesa nos próximos dous anos.

    Fonte: Nation Cymru

    06 de setembro de 2022

    O concurso de microrrelatos en éuscaro «Iruñea Bihotzean» (Pamplona do meu querer) pretende impulsar a creatividade nesta lingua a través deste xénero. Establécense categorías por idade e a temática dos textos é libre, aínda que as historias deben ter Pamplona como escenario.

    Fonte: Pamplona Actual

    06 de setembro de 2022

    O obxectivo destes cursos é que o persoal dos sectores do comercio e a hostalería mellore a atención á clientela euscalduna. Cunha duración de 60 horas, organízanse cursos de iniciación e de continuación que comezarán no mes de outubro.

    Fonte: San Sebastián Shops

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder