Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de setembro de 2022

    Baixo o lema «Euskararekin irabazi egingo duzu/ Con el euskera ganarás», o Concello de Bilbao pon en marcha unha nova campaña de matriculación nos euskaltegis da cidade que incide nas vantaxes de aprender e usar esta lingua nos diferentes ámbitos.

    13 de setembro de 2022

    A Semana do Libro en Catalán, que ten como lema «La llengua que ens uneix», celebrarase ata o 18 de setembro nunha edición que apostará pola unidade da lingua catalá e por reivindicar o seu uso social.

    Fonte: Última Hora

    13 de setembro de 2022

    Entre os días 21 e 23 de setembro a Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago acolle este congreso que ten como lema «Os camiños de Santiago de Europa cara a Galicia. Lugares, nomes e patrimonio».

    Fonte: Real Academia Galega

    12 de setembro de 2022

    Arredor de 8300 novos estudantes están matriculados xa na Universidade do País Vasco. Respecto ao idioma, o 53,5 % realizará os seus estudos de grao en grupos de éuscaro e o 46,5 %, en castelán.

    Fonte: EITB

    12 de setembro de 2022

    Trátase do segundo punto da autoaprendizaxe do municipio, un servizo gratuíto que ofrece o Concello que consta de varias sesións titorizadas de catalán dos niveis inicial, medio e superior, así como de linguaxe administrativa.

    Fonte: Diario de Ibiza

    12 de setembro de 2022

    O Centro de Día de Cesantes foi o punto de partida do proxecto «A memoria da estirpe», iniciativa promovida polo Concello de Redondela para recuperar, conservar e poñer en valor o patrimonio oral das persoas maiores do municipio.

    Fonte: Concello de Redondela

    12 de setembro de 2022

    A Universidade de Vigo destina un total de 12 000 euros para estas axudas, que se repartirán cunha contía individual máxima de 600 € no caso das teses de doutoramento e de 150 € no caso dos TFG e TFM.

    Fonte: Universidade de Vigo

    12 de setembro de 2022

    A comunidade educativa xa ten á súa disposición a axenda escolar para o curso 2022-2023, así como calendarios escolares, en formato anual, trimestral e mensual, materiais en lingua galega para axudar a organizar o novo curso.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    12 de setembro de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da xornada «Roberto Vidal Bolaño, fálanos sempre», organizada pola Xunta de Galicia para rememorar a figura deste dramaturgo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de setembro de 2022

    Un especialista e profesor universitario criticou que Angola siga utilizando o portugués como única lingua do ensino e avoga por introducir as linguas locais como vehículo de instrución.

    Fonte: VOA

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder