Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de setembro de 2022

    Este obradoiro de acollemento lingüístico, de 36 horas de duración, está dirixido principalmente a persoas adultas procedentes doutras comunidades lingüísticas. Desenvolverase entre o 21 de setembro e o 14 de decembro de 2022 ao longo de 24 sesións presenciais de hora e media cada unha.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    02 de setembro de 2022

    A Escola Galega de Administración Pública convocou actividades formativas para o persoal ao servizo dos entes instrumentais do sector público autonómico entre as que figura formación de carácter lingüístico relativa á redacción administrativa, normativa do galego estándar, redacción de documentos técnico-xurídicos ou técnicas para falar en público.

    02 de setembro de 2022

    O Instituto Goethe entregou as súas Medallas Goethe 2022 a tres persoas de Exipto, India e Suráfrica co fin de honrar o seu labor na difusión e promoción da lingua alemá no mundo. 

    Fonte: DW

    02 de setembro de 2022

    O municipio mexicano de Hueyapan, no estado de Puebla, decidiu aprobar o ensino obrigatorio da lingua náhuatl nas escolas locais.

    Fonte: El Sol de Cautla

    01 de setembro de 2022

    Segundo a última enquisa Ómnibus, publicada polo Centro de Estudios de Opinión (CEO), existe en Cataluña un amplo apoio á necesidade de reforzar o catalán. Así se desprende das respostas dadas cando se pregunta sobre varias cuestións relacionadas con esta lingua.

    Fonte: El Nacional

    01 de setembro de 2022

    O Goberno de Asturias aprobou os novos currículos de secundaria e bacharelato, nos que se inclúe un incremento das horas da materia de Lingua Asturiana no caso deste último nivel, mentres que diminúen no da ESO.

    Fonte: Astur News

    31 de agosto de 2022

    Dous estudantes do Brasil crearon o primeiro software que permite escribir caracteres especiais de máis de 40 linguas indíxenas da Amazonia.

    Fonte: Globo

    31 de agosto de 2022

    O Consello de Goberno aprobou unha orde pola que se convocan subvencións, ás que lles dedicará unha partida de 985 000 euros, para a produción de materiais escolares en éuscaro de niveis non universitarios.

    Fonte: Deia

    31 de agosto de 2022

    Amazon Prime Video estrea o venres 2 de setembro a serie O Señor dos Aneis: os aneis do poder que poderá verse en galego, tanto dobrada como subtitulada. Tamén estará dispoñible en éuscaro e catalán.

    Fonte: La Voz de Galicia

    31 de agosto de 2022

    A campaña «Euskera ahora» para impulsar a aprendizaxe do éuscaro entre persoas adultas pretende animar principalmente a xente nova para que estude esta lingua presentándoa como unha escolla atractiva que ofrece novas vivencias e oportunidades.  

    Fonte: Gobierno de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder