O portugués João Laurentino substituirá o guineano Incanha Itumbo na dirección do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa.
Fonte: Bom dia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O portugués João Laurentino substituirá o guineano Incanha Itumbo na dirección do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa.
Fonte: Bom dia
Vegadeo acolleu a presentación do Informe lingüístico sobre la lengua del Eo-Navia. Sin fronteras: el gallego de Asturias no que se analizan aspectos como o territorio no que se fala galego no Principado, a percepción dos seus falantes, os prexuízos lingüísticos ao respecto...
Estes sete novos vídeos infantís en éuscaro, editados ao abeiro do proxecto Mattin eta Kattalín, veñen sumarse aos cinco publicados o pasado ano e teñen como obxectivo ofrecer a tradición oral navarra de forma actualizada e atractiva.
Fonte: Gobierno de Navarra
A palabra gañadora deste 2022, que en realidade é unha expresión complexa, é inteligencia artificial, escollida pola FundéuRAE de entre doce candidatas: apocalipsis, criptomoneda, diversidad, ecocidio, gasoducto, gigafactoría, gripalizar, inflación, inteligencia artificial, sexdopaje, topar e ucraniano.
Se no ano 2021 o Servizo de Normalización Lingüística rescatou a microtoponimia de Negros, Cabeiro e Vilar de Infesta, no 2022 foi a quenda de Saxamonde, Cedeira e Quintela, cuxos topónimos se incorporarán ao proxecto impulsado polo Concello para recuperar os nomes de lugar do municipio.
Fonte: Faro de Vigo
A Secretaría Xeral de Medios publicou no DOG a resolución da convocatoria de axudas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
As palabras trans e cis xa figuran na versión en liña do dicionario da RAG despois das múltiples reclamacións de varias organizacións para que se incorporasen estes termos para axudar a popularizalos e estender o coñecemento sobre eles.
Fonte: Nós Diario
O novo currículo do sistema educativo irlandés incluirá cambios importantes e permitirá destinar máis horas ás linguas estranxeiras no ensino primario en detrimento da materia de relixión.
Fonte: The Irish Times
A campaña Totjoc, á que se adheriron 17 establecementos, pon a disposición da poboación unha páxina web con máis de 1000 xogos en catalán, acompañados dunha información detallada das súas características.
Fonte: CPNL
Trátase da novena edición do certame ‘Descubrindo Oleiros’, un premio co que o Concello busca fomentar a lingua galega e dar a coñecer diferentes lugares do municipio.
Fonte: El Ideal Gallego
Subscríbase ao boletín