Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de outubro de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da obra Maternidades virtuosas, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021, da poeta e ensaísta galega e doutora en Teoría da Literatura na Universidade de Santiago de Compostela María do Cebreiro.

    05 de outubro de 2022

    A cidade de Praia, capital de Cabo Verde, será o lugar escollido para celebrar a décima edición do Encontro de Escritores de Lingua Portuguesa. O evento ten como tema “Insularidade e Universalidade na Literatura”.

    Fonte: Diplomacia Business

    05 de outubro de 2022

    Varios ministerios do Goberno da República de Irlanda anunciaron a creación dun novo programa de cursos de competencia en gaélico irlandés para o funcionariado público.

    Fonte: Gov.ie

    05 de outubro de 2022

    Intérpretes en lingua de signos denuncian a falta de profesionais no seu sector, a baixa contratación e a carencia dun grao universitario que imparta lingua de signos para interpretar o éuscaro.

    Fonte: El Diario

    05 de outubro de 2022

    Ikusgela é un proxecto especializado en vídeos explicativos, que se completan con contidos e materiais libres, cuxo obxectivo é incrementar a presenza do éuscaro na rede e completar a Wikipedia nesta lingua.

    Fonte: Gobierno Vasco

    05 de outubro de 2022

    O Concello de Bueu organiza as xornadas «Bueu e a fala: o galego 3.0», que pretenden ofrecer unha reflexión arredor do emprego do galego nas redes e nos novos medios, así como a primeira edición do certame «Mergullándonos no TikTok», co obxectivo de fomentar o uso desta lingua entre a mocidade aproveitando o éxito desta rede social.

    Fonte: Concello de Bueu

    05 de outubro de 2022

    Estas axudas correspóndense tanto a libro galego traducido a outras linguas como doutras linguas para o galego. En total, repartíronse 152 000 euros entre as editoras que recibirán o apoio económico, dividido en dúas anualidades.

    Fonte: Culturagalega

    05 de outubro de 2022

    Os Premios da Cultura Galega deste ano recoñecen así o labor do académico Manuel González González, director do Dicionario da RAG que conta, ademais, cunha dilatada traxectoria de estudo, defensa e promoción do galego.

    Fonte: Real Academia Galega

    04 de outubro de 2022

    O Consello Consultivo sobre Educación do estado de Oklahoma (EUA) revela que se incrementou o número de alumnas e alumnos que estudan unha lingua indíxena nas escolas públicas.

    Fonte: Tulsa World

    04 de outubro de 2022

    Pamplona acollerá os días 13 e 14 de outubro a sexta edición de Sarean Euskaraz na que participarán máis de 1300 mozas e mozos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Trátase dunha iniciativa do Goberno navarro para dar a coñecer e impulsar o uso do éuscaro nas TIC e promover a cultura dixital nesta lingua, principalmente, entre a mocidade.  

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder