Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de xaneiro de 2023

    No mes de xaneiro ábrese a inscrición ás probas para a obtención dos certificados de catalán. Publicouse a resolución da convocatoria que ten prevista a inscrición dun máximo de 7000 persoas ao certificado de nivel superior (C2) e de 4000 ao resto de certificados.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    13 de xaneiro de 2023

    O primeiro mapamundi en asturiano, cun formato de 70x100 centímetros, inclúe os nomes dos países e das súas capitais neste idioma, seguindo a nomenclatura establecida pola Academia da Lingua Asturiana.

    Fonte: Gente

    13 de xaneiro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do último traballo da cantora galaico-portuguesa María do Ceo, Galicia Nai, un libro disco dedicado integramente a Galicia e á lingua galega co que a intérprete celebra os seus 25 anos de carreira musical e que conta co apoio da Xunta.

    13 de xaneiro de 2023

    A provincia canadense de Novo Brunswick aproba unha polémica lei de ensino do francés que substitúe as políticas de inmersión lingüística que garantían a aprendizaxe do francés nas escolas de fala inglesa.

    Fonte: Global News

    13 de xaneiro de 2023

    Un total de 15 deputados e deputadas procedentes da Bretaña solicitaron ao ministro de Educación do Goberno francés, Pap Ndiaye, que corrixa a tendencia ao descenso da convocatoria de prazas docentes en lingua bretoa.

    Fonte: Ouest France

    12 de xaneiro de 2023

    A segunda edición dos Premios Galegos da Regueifa, Espalla Rimas 2023, é unha iniciativa de La Voz de Galicia, pola que se reuniu en Carballo ao mellor da improvisación oral.

    Fonte: La Voz de Galicia

    12 de xaneiro de 2023

    O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña ordenou a unha nova escola de Barcelona incrementar as horas de docencia en castelán, aínda que sen mencionar porcentaxes. Así, ademais da materia de Lingua Castelá, deberá impartir unha troncal adicional neste idioma.

    Fonte: El País

    12 de xaneiro de 2023

    O vindeiro 22 de xaneiro o Panteón de Galegos Ilustres acollerá unha homenaxe a Rosalía de Castro e a Castelao nun acto no que participarán entidades sociais en defensa do galego, o éuscaro e o catalán.

    Fonte: Diario de Arousa

    12 de xaneiro de 2023

    Ao abeiro da iniciativa «Adestra a túa lingua», Suseia SCG produce sete vídeos breves que, ademais de información deportiva, tratan de normalizar o uso de termos técnicos en galego deste ámbito pouco coñecidos.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    12 de xaneiro de 2023

    A Universidade da Coruña, en colaboración co CSIC, publica en galego o Calendario Científico Escolar que inclúe, ademais das efemérides dos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía, unha guía didáctica para a educación primaria e a secundaria.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder