O Ministerio de Cultura de Xibraltar apoia a Sociedade Plurilingüe de Xibraltar (GMS, polas súas siglas en inglés) que nace co obxectivo de promover os beneficios de falar varias linguas.
Fonte: The Olive Press
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Ministerio de Cultura de Xibraltar apoia a Sociedade Plurilingüe de Xibraltar (GMS, polas súas siglas en inglés) que nace co obxectivo de promover os beneficios de falar varias linguas.
Fonte: The Olive Press
A Sociedade de Estudos Vascos (Eusko Ikaskuntza) e a asociación Euskaltzaleen Topagunea Federazioa comprométense a colaborar en proxectos de interese mutuo durante os próximos catro anos para acadar os obxectivos de cada unha delas.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O xigante dos contidos multimedia Netflix anunciou que en breve emitirá Dal y Mellt, a súa primeira serie en lingua galesa.
Fonte: BBC
A República de Burundi declarou a lingua kirundi como segundo idioma oficial do país. A partir de agora os actos públicos serán celebrados nesta lingua.
Fonte: The North Africa Post
O Concello de Nigrán, Teatro do Ar e a cooperativa Somos Terra organizan o concurso «Ollo con Nigrán», un certame vídeo-literario que ten como obxectivo fomentar a creación artística en galego e divulgar a riqueza medioambiental do municipio.
O Diccionari de la mediació, publicado polo Termcat e o Departamento de Xustiza, Dereitos e Memoria, inclúe 660 termos e 756 denominacións en catalán coas súas equivalencias en castelán e inglés, así como definicións e notas complementarias.
Aprenem català des de l’hindi é o décimo primeiro volume da colección “Aprenem català des de...”, que está dirixido á poboación catalá que ten o hindi como lingua habitual, unhas 29 000 persoas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, participaron no acto de apertura da quinta edición do programa «21 días co galego e + » impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades co obxectivo de promover o uso da lingua galega entre a xente nova tanto fóra como dentro da contorna escolar.
Oficiais do Goberno do País de Gales revelaron que as restricións sociais pola crise sanitaria da covid-19 poden ser a causa da baixada de falantes de lingua galesa. Moitas persoas que asisten a escolas de inmersión en galés non puideron usar a lingua regularmente durante case dous anos, factor que afectou a confianza de moitas persoas para falaren a lingua en sociedade.
Fonte: BBC
A orde do Goberno vasco fixa o currículo e as horas mínimas de lingua e literatura española e vasca, que alcanzan as 1050 para cada unha. O TSXPV considera na súa sentenza que se prescindiu do trámite de consulta previa para que os centros afectados presentasen alegacións.
Subscríbase ao boletín