Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    31 de xaneiro de 2023

    Unha investigación da Universidade de Leiden (Países Baixos) lembra que o ser humano debe garantir a protección da selva amazónica para poder preservar a súa diversidade lingüística e cultural.

    Fonte: MiPutumayo

    31 de xaneiro de 2023

    A nova normativa sobre os usos lingüísticos nos estudos de grao para a Universidade das Illas Baleares ten dous obxectivos: garantir o dereito á seguridade lingüística e aumentar o uso do catalán na docencia nas titulacións nas que sexa minoritario.

    Fonte: Diario de Mallorca

    31 de xaneiro de 2023

    O Gabinete de Normalización Lingüística decidiu tomar medidas urxentes dada a situación do valenciano na cidade, xa que unha enquisa recente mostra que os datos de uso son preocupantes e mostran o desequilibrio que existe con respecto ao castelán.  

    Fonte: Levante-EMV

    31 de xaneiro de 2023

    O volume Os camiños de Santiago, de Europa a Galicia. Lugares, nomes e patrimonio inclúe case trinta traballos sobre a toponimia das rutas xacobeas realizados por investigadores de varias universidades europeas.  

    Fonte: Real Academia Galega

    31 de xaneiro de 2023

    O Pazo da Cultura de Carballo acolleu a gala de entrega da sexta edición dos Premios Youtubeiras, uns galardóns que teñen como obxectivo impulsar a creación de vídeos en galego en Youtube.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    31 de xaneiro de 2023

    En total convócanse, na modalidade de teleformación, 27 cursos de linguaxe administrativa galega e tres de linguaxe xurídica galega (niveis medio e superior) para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    31 de xaneiro de 2023

    O Instituto Camões e o Banco Santander renovaron un protocolo de colaboración para apoiar a lingua portuguesa. En concreto, o compromiso estará dirixido ao pagamento de bolsas para a realización de cursos en Portugal e en portugués.

    Fonte: VISÃO  

    30 de xaneiro de 2023

    Estes cursos están dirixidos á comunidade universitaria e levaranse a cabo en liña nos meses de marzo, abril e maio. Entre as novidades figuran un ciclo de lingua e calidade e outro sobre xestión do multilingüismo nas aulas.

    Fonte: Universidade de Vigo

    30 de xaneiro de 2023

    A Asociación Agadea presentou na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago este galardón de literatura infantil aberto a textos orixinais e inéditos escritos en galego que poderán presentarse ata o 1 de xullo. Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo sensibilizar e dar a coñecer o alzhéimer entre os máis pequenos.

    30 de xaneiro de 2023

    O Diccionari de turisme, impulsado desde a Generalitat de Cataluña coa colaboración do Goberno de Andorra, ofrece 1200 termos en catalán, acompañados de definicións e notas complementarias e as equivalencias en castelán, francés, inglés e alemán.

    Fontes: Generalitat de Cataluña

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder