A Plataforma Vasca da Industria, Indeus, estableceu na súa asemblea anual as principais áreas de traballo para o ano 2023, entre as que destacan a posta en marcha dunha campaña para incluír o éuscaro no paquete de idiomas dos software máis empregados ou o esforzo para garantir a posibilidade de realizar as inspeccións técnicas obrigatorias nesta lingua.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Esta iniciativa impulsada desde a rede, que xa sumou case 2400 sinaturas, busca que as compañías de servizos de xeolocalización e navegación sinalicen os nomes de lugar unicamente coas formas galegas, xa que son as únicas oficiais.
O Consell de Mallorca destinará 150 000 euros á convocatoria de axudas destinadas aos concellos da illa para que dispoñan de rótulos, indicadores e sinalización en catalán.
Fonte: Última Hora
Dous investigadores da Universidade de Jena, en Alemaña, e da Escola de Estudos Orientais e Africanos da Universidade de Londres, descifraron unha antiga lingua cananea descoñecida até agora nunhas táboas de arxila de 4 mil anos de antigüidade. A lingua foi descifrada porque ao lado das inscricións aparece a correspondente tradución á lingua acadia, idioma semítico falado na antiga Mesopotamia.
O Goberno de Gales destinará axudas de máis de 10 millóns de libras esterlinas ao fortalecemento da economía dos condados onde existen maiores porcentaxes de uso da lingua galesa. A idea é tamén favorecer que as persoas que abandonaron estas zonas no pasado poidan volver e atopar nelas un novo modo de vida.
Varias asociacións do País de Gales uníronse para crear un circuíto de actuacións musicais en lingua galesa co fin de promover o seu uso na música e brindar oportunidades a artistas que a usen nas súas producións.
Fonte: Nation Cymru
A modificación da lei de función pública ou a de normalización lingüística de forma integral abordarase para que as exoneracións do coñecemento do catalán na sanidade non sexan xeneralizadas e que se analice caso por caso á hora de aplicar algunha excepción.
Esta publicación, da que se repartirá 15 000 exemplares en centro de infantil e primaria, ofrece consellos, recomendacións e recursos para nais e pais co obxectivo de fomentar o uso do éuscaro entre menores de 10 anos.
A partida destinada ás subvencións do ano 2023 para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística municipais na provincia de Pontevedra increméntase ata os 200 000 euros que se repartirán así: 35 000 euros para os municipios que impulsen novos departamentos e 25 000 para os que potencien os xa existentes.
Un estudo elaborado na Universidade de Helsinqui revelou que un quinto dos nenos e nenas de familias estranxeiras que estudan finés como segunda lingua deberían estudala como lingua nativa xa que o seu nivel é equiparable a aquelas que o falan como lingua materna.
Fonte: Helsinki Times
Boletín
Subscríbase ao boletín


