Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de febreiro de 2023

    A Academia da Lingua Asturiana publica El sistema temporal en asturianoleonés: el habla de Somiedu, unha obra do filólogo alemán Helmut Brammerts, de 1969, sobre o uso dos tempos verbais en asturiano a través dos estudos dialectais do momento.

    Fonte: La Nueva España

    15 de febreiro de 2023

    O Departamento de Filoloxías Románicas da URV crea un modelo lingüístico para avaliar os sentimentos subxacentes das mensaxes que se escriben nas redes sociais baseándose no estudo da linguaxe avaliativa. Ao captar a valoración que existe detrás das expresións empregadas, a investigación permite identificar a actitude dunha persoa con respecto a un tema e o seu estado emocional ou o efecto que pretende causar no lector, o que pode ter múltiples aplicacións en ámbitos como a minaría de datos, ferramentas de autoaprendizaxe de linguas ou en detectores automáticos de autoría.

    15 de febreiro de 2023

    A Real Academia Galega e o Concello de Ames continúan a súa colaboración en materia de lingua e infancia e mocidade co desenvolvemento do proxecto colaborativo «Modo galego, actívao!» co que se impulsarán iniciativas de dinamización lingüística fóra das aulas.

    15 de febreiro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, presentaron no Pazo de San Roque a duodécima edición do certame Lingua de namorar, o concurso de declaracións de amor en galego impulsado polas consellerías de Cultura e Política Social para dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade.

    15 de febreiro de 2023

    Liberan en Irán a Zahra Mohammadi, unha coñecida activista que fora detida por ensinar a lingua kurda e por fundar unha organización cultural que defendía os dereitos culturais da comunidade kurda en Irán.

    Fonte: K24

    14 de febreiro de 2023

    Segundo cifras do Departamento de Xustiza, o uso do catalán nas actuacións dos avogados da quenda de oficio e asistencia ao detido creceu un 43 % ao longo de 2022, cun total de 10 726 actuacións con respecto ás 7483 feitas no ano 2021, cando se reiniciou o plan de fomento da lingua catalá no ámbito da xustiza.

    Fonte: La Vanguardia

    14 de febreiro de 2023

    Dado que España exercerá a presidencia do Consello da Unión Europea, nove entidades do ámbito económico e social, como a Cámara de Comercio de Barcelona e a Obra Cultural Balear, reúnense na Universidade das Illas Baleares (UIB) para pedirlle ao Goberno central que reclame a oficialidade do catalán e que esta lingua estea ao mesmo nivel que o resto de linguas similares.

    Fonte: Última Hora

    14 de febreiro de 2023

    O sindicato CIG-Ensino denuncia que a última versión do Ministerio de Educación e FP para regular a proba de acceso á universidade (ABAU) é discriminatoria para o galego e esixe o mesmo trato que para o castelán.

    Fonte: Galicia Confidencial

    14 de febreiro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, participaron no IES Aquis Celenis (Caldas de Reis) na clausura do programa de dinamización lingüística «21 días co galego e +», iniciativa impulsada pola Conseller

    14 de febreiro de 2023

    Antigos estudantes de estudos de galego da Universidade de Vigo explicaranlle ao alumnado actual as posibles saídas no mundo laboral desta titulación, entre as que figuran a investigación, a docencia, o asesoramento lingüístico, a xestión cultural...

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder