Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de febreiro de 2023

    A concelleira de Dinamización Lingüística de Poio presentoulles aos centros de ensino do municipio a campaña #FalaBonito, cuxo obxectivo é fomentar o uso do galego en diferentes niveis educativos.

    17 de febreiro de 2023

    O proxecto «A cápsula do tempo» está dirixido ás escolas de Educación Infantil, ás que se lles entrega unha caixa con libros que fomentan o emprego do galego, unha bolsa da merenda, lapis de cores ou unha friameira.

    Fonte: Concello de Redondela

    17 de febreiro de 2023

    Como cada 21 de febreiro, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) conmemora en todo o mundo o Día Internacional da Lingua Materna co fin de lembrar a responsabilidade de todas as persoas e Estados na promoción e protección do plurilingüismo e da diversidade lingüística e cultural. Este ano a UNESCO lembra a importancia e a necesidade de educar as crianzas nas súas linguas maternas.

    17 de febreiro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Estrasburgo na sesión do Intergrupo de Minorías Nacionais e Linguas do Parlamento Europeo para tratar a inclusión do galego, o catalán e o éuscaro na plataforma Online Language Support (OLS) do programa Erasmus +.

    17 de febreiro de 2023

    O Parlamento de Portugal rexeitou unha proposta do partido de extrema dereita Chega de introducir na Constitución portuguesa o deber de coñecer a lingua portuguesa para poder adquirir a nacionalidade.

    Fonte: Política ao Minuto

    16 de febreiro de 2023

    Ao abeiro desta campaña, que ten como lema «En Outes, en galego!», distribuiranse adhesivos, folletos explicativos, bolsas de tea e outros artigos co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega e o consumo no comercio local.

    16 de febreiro de 2023

    O Goberno de Cataluña asina un convenio coa Federación de Autoescolas de Cataluña para impulsar un plan de fomento do catalán no sector das autoescolas en coordinación e colaboración co sector. O Servizo Catalán de Tráfico ofrecerá tests en liña en catalán para o alumnado e materiais para a formación do profesorado. Tamén se difundirá a opción de estudar e obter o pemiso de conducir nesta lingua.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    16 de febreiro de 2023

    O Instituto Vasco Etxepare (Etxepare Euskal Institutua) outorgará o premio ao mellor disco en éuscaro, como cada ano desde 2013, para darlle visibilidade e difusión á música independente creada nesta lingua. Na XV edición dos premios MIN poderán inscribirse os traballos publicados durante 2022 e o prazo para a presentación de candidaturas conclúe o 22 de febreiro.

    Fonte: Etxepare Euskal Institutua

    15 de febreiro de 2023

    Volta a iniciativa "Ar Droed", "a pé", que busca incentivar o uso do galés con visitas guiadas de lugares destacados de Gales dedicadas a persoas que aprendan galés e falantes nativos.

    Fonte: Nation Cymru

    15 de febreiro de 2023

    A ministra de Cultura do Brasil, Margareth Menezes, visitou o Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo e participou no lanzamento da Red List Brasil, unha publicación do Consello Nacional de Museos que divulga unha lista de bens culturais en perigo.

    Fonte: Museu da Língua Portuguesa

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder