Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de marzo de 2023

    Este galardón, que chega á súa 14.ª edición, recoñece iniciativas, traballos recentes, traxectorias de persoas, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e a dignificación social do patrimonio lingüístico galego.

    Fonte: Deputación da Coruña

    03 de marzo de 2023

    O Parlamento de Cabo Verde, a través da Comisión Especializada de Educación, Cultura, Saúde, Xuventude, Deporte e Asuntos Sociais, non aceptou a proposta dunha deputada que quería que o portugués fose considerado patrimonio inmaterial nacional.

    Fonte: SAPO

    02 de marzo de 2023

    O Parlamento da República Moldova aprobou unha lei que recoñece que a lingua moldova pode considerarse idéntica ao idioma romanés.

    Fonte: TVP World

    02 de marzo de 2023

    Trátase da oferta de 34 prazas para a Fundación Uliazpi, un organismo autónomo da Deputación Foral de Guipúscoa que presta servizos a persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias. Segundo o TSXPV, a esixencia do éuscaro solicitada pola fundación para o 94 % das prazas é excesiva, cando a lei de normalización do éuscaro prevé o 65,5 %, e considera que o dereito de calquera cidadán ou cidadá ao emprego público é o máis importante.

    02 de marzo de 2023

    Arredor de 3000 nenos e nenas de infantil e primaria no municipio de Ames participan nun proxecto de inmersión lingüística que comezou coa sinatura do Acordo de compromiso lingüístico co que aceptan empregar o galego durante todo o día.

    Fonte: Concello de Ames

    02 de marzo de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, participaron no acto de entrega dos XVIII Premios á Calidade Lingüística, uns galardóns promovidos pola USC co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades co fin de impulsar o uso da lingua galega ligado á calidade formal na elaboración e na defensa oral dos traballos desenvolvidos polo alumnado da universidade compostelá.

    01 de marzo de 2023

    O Goberno das Illas Baleares anuncia unha nova convocatoria de axudas para os medios escritos e audiovisuais comprometidos co uso do catalán, para contribuír a responder ás súas necesidades e fomentar a presenza desta lingua no panorama comunicativo do arquipélago.

    Fonte: Crónica Balear

    01 de marzo de 2023

    Un catedrático e unha investigadora da Universidade Autónoma de Barcelona afirman que se trata do texto “Llibre dels jutges” do século XI, que foi copiado do latín entre os anos 1060 e 1080. Despois da súa investigación durante os últimos anos en arquivos de España, Francia, Italia e do Vaticano, tamén aseguran que a formación da lingua catalá se sitúa no século IV.

    Fonte: La Vanguardia

    01 de marzo de 2023

    Os ministerios de Educación e do Ensino Superior de Timor Leste queren que a lingua portuguesa se converta obrigatoriamente no principal idioma de instrución no ensino e que as outras linguas sexan idiomas auxiliares.

    Fonte: SAPO

    01 de marzo de 2023

    Un grupo de especialistas sobre a lingua illada ainu do Xapón publicou Handbook of the Ainu Language, o máis completo compendio deste idioma ameazado que existe até o momento e que esperan que poida servir para revitalizalo.

    Fonte: La Prensa Latina

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder