Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de marzo de 2023

    Co gallo da celebración do Día Mundial da Audición, a Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) reclama a incorporación da lingua de signos a políticas, programas e servizos encamiñados ao coidado auditivo e alerta do risco de privación lingüística que afecta a este colectivo.

    06 de marzo de 2023

    O Goberno de Navarra destinará unha partida de 1 071 000 euros a impulsar o uso do éuscaro na prensa escrita, nas emisoras de radio e nos medios de comunicación en liña.

    Fonte: Gobierno de Navarra

    06 de marzo de 2023

    O Concello de Ponteareas convoca unha nova edición deste galardón que ten como obxectivo fomentar o emprego do galego na actividade económica da vila, así como nas relacións laborais, comerciais e empresariais, e recoñecer publicamente a contribución realizada por este sector ao incremento do seu uso.

    06 de marzo de 2023

    O Instituto Nacional dos Pobos Indíxenas creará a Universidade das Linguas Indíxenas de México, unha escola que ten como obxectivo recuperar e fomentar o uso das linguas nacionais.

    Fonte: Pie de Página

    06 de marzo de 2023

    Co fin de mellorar a atención ás persoas que falan maia, o Congreso do Estado do Iucatán impartirá de xeito permanente un curso deste idioma vernáculo para todo o seu funcionariado. Con esta medida, o estado mexicano senta un precedente en todo o país en materia lingüística.

    Fonte: The Yucatan Times

     

    03 de marzo de 2023

    O Goberno do Reino Unido aprobou un programa para potenciar o ensino e a aprendizaxe das linguas estranxeiras nas escolas primarias e secundarias. Parte deste programa destinarase á promoción da aprendizaxe da lingua alemá.

    Fonte: GOV.UK

    03 de marzo de 2023

    O primeiro ministro de Iraq, Shia al-Sudani, anunciou que o turcomán seguirá sendo lingua oficial da gobernación de Kirkuk, xunto ao árabe e ao kurdo.

    Fonte: TRT World

    03 de marzo de 2023

    Xa se pode ler o clásico de William Shakespeare traducido ao asturiano por Víctor Suárez e publicado pola editorial Cuatro Gotes. Con esta versión, son tres as obras do autor traducidas á lingua asturiana.

    Fonte: La Nueva España

    03 de marzo de 2023

    Unha das conclusións que pode extraerse do Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros en España 2022 é que este hábito da lectura aumenta, pero non en galego. A lectura en castelán representa a elección do 96 % da poboación enquisada en Galicia, fronte a un 3,4 % que prefire ler en galego.

    Fonte: Culturagalega.org

    03 de marzo de 2023

    Os obradoiros de acollemento lingüístico “En galego, co teu acento!” teñen como obxectivo aproximar a poboación local á lingua e á cultura galegas, así como favorecer a integración das persoas procedentes de fóra de Galicia.

    Fonte: Concello de Ames

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder