O Ministerio de Educación de Francia abriu a convocatoria para se candidatar ás prazas de auxiliar de lingua portuguesa nas escolas de ensino básico e secundario.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Premio Océanos de literatura en lingua portuguesa abriu as inscricións da súa edición de 2023 que contará con dúas obras gañadoras, unha en poesía e outra en prosa ou dramaturxia.
Fonte: Sapo 24
Os novos recursos, dispoñibles no portal “Aragón. Recursos en linia ta l’aragonés”, continúan o proceso de dixitalización desta lingua impulsado polo Goberno de Aragón. Así, as persoas interesadas poderán descargar de balde un corrector ortográfico, un teclado preditivo e unha barra web de tradución.
Fonte: AraInfo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na localidade leonesa de Cacabelos na XV edición das Xornadas Martín Sarmiento, organizadas no marco da celebración do Día do Galego no Bierzo pola Comisión Cultural Martín Sarmiento co apoio da Xunta de Galicia e da Junta de Castela e León, entre outras entidades.
Co fin de promover a lingua vernácula de Nova Zelandia, a compañía Air New Zealand operou o seu primeiro voo integramente en maorí.
Fonte: Stuff
O alumnado xa pode prematricularse no modelo lingüístico D, que garante o dereito a estudar en éuscaro e a integrar a cultura vasca, ademais de ser unha opción con proxectos innovadores e metodoloxías activas.
Fonte: Noticias de Navarra
O 9 de marzo de 2023, co gallo do Día do Galego no Bierzo, celébranse as XV Xornadas Martín Sarmiento que inclúen os intercambios entre os centros educativos bercianos que participan no programa de galego, a entrega do III Premio Antonio Fernández Morales ou a presentación do web ogalegonobierzo.org.
A Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno balear impulsa conferencias e obradoiros sobre asertividade lingüística nas catro illas, co obxectivo de facer que a poboación reflexione sobre os seus hábitos lingüísticos e animala a usar máis o catalán.
Fonte: Diario de Ibiza
A última edición do Barómetro das Linguas do Mundo sitúa o galego no posto 37 entre os 634 idiomas con máis peso. Isto supón un ascenso de trece posicións con respecto ao anterior informe do 2017, cando ocupaba o lugar 50.
O ministro de estado das Gaeltacht de Irlanda, Patrick O'Donovan, anunciou a aprobación de axudas de 900 mil euros para a publicidade en gaélico irlandés e para a promoción do escocés do Úlster.
Fonte: Gov.ie
Boletín
Subscríbase ao boletín




