O Certame Literario Concello de Ames chega á súa vixésima edición co obxectivo principal de fomentar a creatividade en lingua galega. O concurso conta con dúas modalidades (narrativa e poesía) ás que se poderán presentar textos, de tema libre, inéditos e escritos en galego.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Á espera de que o Tribunal de Contas faga o seu ditame definitivo, as obras do Museo da Lingua Portuguesa, que estará localizado na cidade de Bragança, poderán comezar en dous meses.
Fonte: Público
Tras a polémica suscitada pola acentuación do adverbio solo, a Real Academia Española celebrou un pleno no que se decidiu ratificar a modificación da redacción da norma para establecer que a colocación do acento queda “a xuízo de quen escribe”.
Os datos desta enquisa, presentados na xornada “Datos demolingüísticos del euskera en Navarra. Fuentes, evolución y situación actual”, mostran que o 14,1 % da poboación navarra de 16 e máis anos fala éuscaro correctamente e o 10,6 % sabe algo desta lingua malia que non chega a falalo ben.
A Xunta de Galicia vai renovar os convenios de colaboración coas universidades de São Paulo e Río de Xaneiro para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.
Digochiño, a mascota do espazo #DígochoEu que se converteu nun fenómeno nas redes sociais, estrea páxina web na que se inclúen todos os episodios nos que se tratan temas como a ecoloxía, o feminismo, a lingua...
Fonte: CRTVG
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da antoloxía poética de Antón Tovar, impulsada polo Padroado do Museo da Limia, comarca natal do poeta, e editada por Xerais coa colaboración da Xunta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O ministro de Educación da rexión belga de Flandres, Ben Weyts, impedirá a instrución exclusiva en lingua inglesa nos mestrados universitarios.
Fonte: The Brussels Times
Tendo como base a constitución francesa, un tribunal da cidade de Bastia decretou que o francés é a única lingua válida no exercicio dos cargos públicos na illa de Córsega. A decisión levantou unha importante controversia.
Fonte: The Guardian
O Goberno do Reino Unido destinará 15 millóns de libras esterlinas ao incentivo da aprendizaxe de linguas estranxeiras no ensino primario e secundario no marco dun programa educativo que desenvolverá a University College de Londres.
Fonte: The Guardian
Boletín
Subscríbase ao boletín




