Unha cadea humana formada por 8000 persoas unirá Errenteria e Donostia-San Sebastián co obxectivo de subliñar o valor do éuscaro unificado (euskera batua). Trátase dunha iniciativa impulsada pola Ikastola Orereta e organizada polo proxecto 'Ikastolak Herriari' e Euskaltzaindia.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os Premios á calidade lingüística chegan á súa edición número dezanove, á que se poderá presentar o alumnado que elabore e, de ser o caso, defenda en lingua galega un traballo académico, TFG ou TFM.
O Festival de Cans organiza no Porriño, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Canciños Fest, un novo certame que ten como obxectivo que os máis pequenos se acheguen ao cine en galego.
Fonte: Xornal21
A Asemblea Consultiva de Arabia Saudita ou Consello da Shura aprobou un proxecto de lei que decretará o uso obrigatorio da lingua árabe por parte de axencias gobernamentais e externas.
Fonte: Saudi Gazette
Un equipo científico do Instituto Max Planck das Ciencias Cognitivas revelou que a nosa lingua materna moldea as conectividades do noso cerebro e influencia a nosa maneira de pensar.
Fonte: Galileu
As axudas a programas que promoven o coñecemento e o uso das linguas nas universidades increméntanse de forma substancial este ano. O obxectivo é fomentar o plurilingüismo e aplicar as medidas recollidas no Plan de fortalecemento da lingua catalá no sistema universitario e de investigación de Cataluña.
A Alianza para a Presenza Dixital do Catalán busca atopar solucións á caída do posicionamento da lingua catalá nos buscadores de internet. Como punto de partida elaborarase un informe a partir da análise de datos de tráfico en webs que ofrecen contidos en catalán e noutras linguas.
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu o acto de presentación dos resultados da experiencia de inmersión lingüística na que participaron centros educativos de infantil e primaria de Ames ao abeiro do proxecto «Modo galego, actívao!», impulsado pola Real Academia Galega e o Concello de Ames.
O 12 de outubro de 2023 celébrase o centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos, a institución científico-cultural de principios do século XX integrada por intelectuais galeguistas para estudar e divulgar o patrimonio cultural e lingüístico da nosa Comunidade.
Os ministerios de Educación de Rusia e Exipto acordaron a introdución da lingua rusa como segundo idioma estranxeiro nas escolas e institutos.
Fonte: Abramonline
Boletín
Subscríbase ao boletín


