O próximo curso 2023-2024 incrementarase en Iparralde o número de escolas infantís de inmersión en éuscaro e crearanse, por tanto, novas prazas docentes nesta modalidade.
Fonte: Ehige
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O próximo curso 2023-2024 incrementarase en Iparralde o número de escolas infantís de inmersión en éuscaro e crearanse, por tanto, novas prazas docentes nesta modalidade.
Fonte: Ehige
O presidente da Real Academia Galega defende en Cádiz, no IX Congreso Internacional da Lingua Española, a pluralidade cultural e lingüística do Estado español e demanda máis apoio para garantir a presenza do galego nos medios de comunicación e no sistema educativo.
Fonte: Galicia Confidencial
A Fundación Oriente, sociedade pública que se ocupa de promover as relacións históricas entre Portugal e os países orientais, apoia o ensino da lingua portuguesa cun total de 800 alumnos e alumnas no estado indio de Goa.
Fonte: Sapo
A asociación Iniciativa pol Asturianu entregou ao tradutor inglés Robin Munby o título de embaixador da lingua asturiana polo seu importante labor de tradución e difusión da lingua e cultura de Asturias.
Fonte: Asturias Mundial
O escritor Suso de Toro e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, asinaron un acordo polo que o autor cede unha parte do seu fondo sonoro á institución. Entre as gravacións destaca unha longa conversa con Ramón Piñeiro.
Fonte: Galicia Confidencial
A Universidade de Sheffield lanzou un curso de ucraíno para que as familias británicas aprendan unhas nocións desta lingua eslava e poidan comunicar coas persoas refuxiadas que deixaron o seu país a causa da guerra.
Fonte: BBC
O Senado do estado de Washington (EUA) aprobou unha lei que elimina o requisito de coñecemento da lingua inglesa para poder desempeñar postos de policía, bombeiro e shériff. A medida responde a unha necesidade de diminuír a falta de persoal.
Fonte: Police 1
O Parlamento de Lituania quere modificar as leis en vigor para que aquelas persoas que traballen como autónomas e residan en Lituania deban ser competentes en lituano.
Fonte: Baltic News Network
A campaña de difusión do programa de voluntariado lingüístico Elos estase a desenvolver nas redes sociais co obxectivo de conseguir voluntarios/as galegofalantes que axuden a outras persoas a aprender galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Unha cadea humana formada por 8000 persoas unirá Errenteria e Donostia-San Sebastián co obxectivo de subliñar o valor do éuscaro unificado (euskera batua). Trátase dunha iniciativa impulsada pola Ikastola Orereta e organizada polo proxecto 'Ikastolak Herriari' e Euskaltzaindia.
Subscríbase ao boletín