O deputado Fabio Rampelli presentou na Cámara dos Deputados italiana unha proposta de lei que prohibirá o uso de palabras estranxeiras na Administración pública. O incumprimento da norma pode levar a multas de 100 000 euros.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Instituto Confucio abriu as inscricións para a nova edición dos cursos de lingua chinesa para persoas adultas e crianzas que se impartirán na Universidade do Porto.
Fonte: Universidade do Porto
O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco determinou que non se lle pode esixir a unha empresa de transporte escolar que o seu persoal cumpra os mesmos requisitos lingüísticos que o funcionariado, aínda que estea a prestar un servizo á Administración pública.
Fonte: Deia
O Concello de Tomiño convoca unha nova edición do concurso de deseño da camiseta para conmemorar o Día das Letras Galegas 2023, no que se valorará que busque a promoción do uso do galego en todos os ámbitos.
Fonte: Faro de Vigo
O concurso “Verbas para comunicar”, destinado a estudantes de ESO e Bacharelato, consiste na presentación dun traballo, en formato texto ou audiovisual, que debe estar en lingua galega e transmitir unha idea, sentimento, opinión etc.
Fonte: Faro de Vigo
O conselleiro de Investigación e Universidades anunciou, no marco dunha xornada celebrada no Instituto de Estudos Cataláns, que o seu departamento quere reverter a regresión do catalán no ámbito científico que se produce en Cataluña, onde predomina o uso do inglés.
Fonte: La Vanguardia
Unha investigación desenvolvida na Universidade de Santiago por João Paulo Galhano analiza a sensibilidade léxica do hitita, a máis antiga lingua indoeuropea coñecida en rexistro escrito, en relación co campo semántico das emocións.
Nun encontro co embaixador portugués na China, o xefe do executivo de Macau, Ho Iat Seng, reafirmou o seu compromiso coa preservación da cultura e lingua da comunidade portuguesa.
Fonte: Bom dia
A Biblioteca Nacional de Israel anunciou o acceso en liña dos seus fondos en lingua española e de orixe sefardí pertencentes aos xudeus hispánicos que foron expulsados da Península Ibérica no século XV.
Fonte: JNS
A Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón é a coordinadora do proxecto PlurilingüES, composto por materiais educativos e unha web cos que se pretende explicar a diversidade lingüística de España.
Fonte: Aragón Digital
Boletín
Subscríbase ao boletín

