Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de abril de 2023

    TikTok acaba de informar de que xa están dispoñibles os subtítulos en catalán nas pezas publicitarias e de que está avanzando na incorporación desta lingua na interface da aplicación e no menú para subtitulacións de contido orgánico.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    05 de abril de 2023

    O Goberno do Principado lanzou unha campaña que, baixo o lema «Nun ye días máis voltas / Nun-y deas más vueltes», promove a matriculación do alumnado de primaria e secundaria en lingua asturiana ou eonaviego o vindeiro curso.

    Fonte: La Nueva España

    05 de abril de 2023

    A Universidade Maior de San Marcos do Perú desenvolveu, grazas á intelixencia artificial, a primeira presentadora virtual capaz de narrar as noticias en lingua quechua.

    Fonte: Prensa Latina 

     

    05 de abril de 2023

    A Biblioteca Nacional de Colombia xa conta co seu primeiro arquivo sonoro de linguas indíxenas da Amazonia. O arquivo é de consulta libre e busca preservar a ampla riqueza lingüística da Amazonia colombiana.

    Fonte: El País 

    04 de abril de 2023

    Este estudo sociolingüístico ten como obxectivo coñecer a realidade social da lingua aragonesa e  analizar a súa evolución tendo en conta investigacións anteriores. O traballo de campo, que consistirá na realización de enquisas por todo o territorio, comezará a realizarse no mes de abril.

    Fonte: Heraldo

    04 de abril de 2023

    O barómetro presenta tres indicadores de usos: para o ámbito persoal, para o ámbito profesional e para o ámbito público. Entre as conclusións máis salientables figura o incremento do uso do valenciano para dirixirse ás diferentes Administracións ou para realizar unha consulta médica. Respecto ao ámbito persoal, o emprego desta lingua tamén se incrementa, mentres que no traballo sobe o seu uso entre compañeiras/os, pero descende con usuarios, clientes ou provedores.  

    04 de abril de 2023

    A Dirección Xeral de Política Lingüística destina unha partida de 325 000 euros a axudas para a promoción do uso do catalán, o que supón un aumento do 45 % respecto á convocatoria do ano 2022. Estas axudas están dirixidas a concellos, persoas físicas e entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades de fomento desta lingua.  

    04 de abril de 2023

    A cuarta edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego recoñeceu o labor destes catro programas: Asociación Faladoiros Vigo, Caranvexo TV, Laboratorio de Apoderamento Lingüístico  e Na Utopía.

    Fonte: Premios Mil Primaveras

    04 de abril de 2023

    A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou que Energy reduciu o horario da liña de atención telefónica en galego, o que, segundo este sindicato, evidencia unha falta de compromiso coa sociedade galega.

    Fonte: Nós Diario

    04 de abril de 2023

    Unha nova lei da Asemblea de Gales quere garantir que todo o alumnado escolarizado sexa plenamente competente en lingua galesa antes de rematar os seus estudos.

    Fonte: BBC

     

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder