O Goberno da China ordenoulles ás escolas da rexión autónoma da Mongolia Interior que abandonen as clases en mongol e que adopten a instrución plena en chinés mandarín.
Fonte: Tibetan Review
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno da China ordenoulles ás escolas da rexión autónoma da Mongolia Interior que abandonen as clases en mongol e que adopten a instrución plena en chinés mandarín.
Fonte: Tibetan Review
A cidade de Blumenau, no estado brasileiro de Santa Catarina celebrará cunha intensa programación cultural a Semana da Lingua Alemá. Este ano, algúns actos contarán cos cónsules de Alemaña e Austria.
Fonte: AlexandreJose
Con motivo da apertura do prazo para a declaración da renda de 2022, o Concello anima os contribuíntes a presentala en éuscaro e a relacionarse coa facenda foral nesta lingua, posto que esta acción impulsa o idioma e a euscaldunización da administración. Xa o ano pasado, 2239 persoas realizaron o exercicio en éuscaro.
Fonte: El Diario Vasco
O sector deportivo e o cultural debaten e analizan a situación do catalán no deporte e afirman que as actividades deportivas son unha ferramenta necesaria para incentivar a fala nesta lingua. Despois desta sesión, levaranse a cabo outras accións, como unha enquisa no sector sobre os usos do catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A pesar de que Rusia prohibiu o uso da lingua ucraína nas zonas ocupadas, o uso deste idioma eslavo está a aumentar entre a poboación ucraína. Un estudo revela que o 33 % dos habitantes de Kyiv xa adoptou o ucraíno como lingua de comunicación principal.
Fonte: The Guardian
A Academia de Ciencias de Lisboa (ACL) presentou a primeira edición dixital do seu Dicionario da Lingua Portuguesa. Trátase dunha revisión do Dicionario da Lingua Portuguesa Contemporánea de 2001.
Fonte: Dnoticías
Xa se pode utilizar a aplicación líder en detectar e acceder a redes wifi por todo o mundo en catalán, unha acción promovida pola Plataforma per la Llengua e que converte a lingua catalá no 19.º idioma no que se ofrece WiFi Map.
Fonte: El Nacional.cat
A publicación De l’aprenentatge a l’adopció de la llengua catalana: cap al cicle d’acompanyament als usuaris del Consorci per a la Normalització Lingüística, promovida pola Secretaría de Política Lingüística, inclúe un conxunto de propostas para reforzar o acompañamento do alumnado na súa integración lingüística, co obxectivo de conectar o coñecemento da lingua catalá e o seu uso.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Concello de Ponteareas organiza unha visita gratuíta sobre a historia da lingua galega na vila, cun percorrido guiado por Carlos Callón con diferentes paradas cuxo protagonista será Fermín Bouza Brey, un dos escritores máis ilustres do municipio.
Fonte: Faro de Vigo
A iniciativa «A Coruña das Letras» inclúe un programa de andainas guiadas por tres barrios da cidade guiadas polo músico e escritor Xurxo Souto que falará, entre outros temas, da toponimia tradicional, os escritores/as que viviron nos diferentes barrios e de aspectos sociolingüísticos de relevancia para a cidade.
Subscríbase ao boletín