Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de abril de 2023

    O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal,  João Gomes Cravinho, participou nun encontro luso-senegalés en Dakar onde manifestou a súa satisfacción polo grande interese que Senegal mostra polo estudo da lingua portuguesa.

    Fonte: Bom dia

    14 de abril de 2023

    Unha iniciativa conxunta de varias produtoras presentaron en liña o filme Y Turrys Taggloo, unha produción en gaélico manx que saíu á luz por primeira vez en 1998.

    Fonte:  Isle of Man Today

    14 de abril de 2023

    Segundo informa este colexio profesional, estas sesións en liña teñen como obxectivo amosar a realidade lingüística de Cataluña a enfermeiras/os procedentes de fóra de Cataluña. Terán unha duración de catro horas e nelas realizarase unha introdución á lingua catalá.

    Fonte: La Vanguardia

    14 de abril de 2023

    Segundo o Observatorio de Dereitos Lingüísticos Behatokia, existen obstáculos para vivir en éuscaro en todos os territorios, así como vulneracións tanto na Administración pública como no sector privado.

    Fonte: EITB

    14 de abril de 2023

    A asociación Cymdeithas yr Iaith Cymraeg demandou á autoridade unitaria de Ceredigion, no oeste do País de Gales, que comece a empregar o galés como lingua principal da administración local.

    Fonte: Nation Cymru

    13 de abril de 2023

    A aprobación da Ortografía de l’aragonés, elaborada pola Comisión de Grafía do Instituto do Aragonés, acaba coas diferentes propostas ortográficas para a escritura desta lingua, senta as bases para avanzar na súa codificación e favorece unha maior presenza do idioma en todos os ámbitos.

    Fonte: Aragón Cultura

    13 de abril de 2023

    Un grupo de xuristas está a traballar na elaboración dunha folla de ruta que evite problemas ao realizar as contratacións públicas a partir da análise das últimas sentenzas que fan alusión aos requisitos lingüísticos.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    13 de abril de 2023

    O certame de monólogos científicos en galego Ciencia Calidade ten como obxectivo amosar a idoneidade desta lingua para transmitir ciencia, así como a calidade da investigación e da divulgación científica que se fai en Galicia.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    13 de abril de 2023

    «En galego, aquí e agora» será lo lema que presida as manifestacións previstas para o vindeiro 17 de maio nas principais vilas e cidades de Galicia e convocadas pola plataforma Queremos Galego, integrada por máis de 500 entidades.

    Fonte: Galicia Confidencial

    13 de abril de 2023

    «Proxector: audiovisuais en galego para a docencia», espazo web con recursos audiovisuais de apoio á docencia en lingua galega, ofrece na súa nova entrega unha ducia de vídeos sobre o mundo da intelixencia artificial.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder