Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de maio de 2023

    O Centro Cultural Portugués Camões de Luxemburgo, en colaboración coa Embaixada de Portugal e a Embaixada de Cabo Verde, realizará un concerto de música lusófona para celebrar o Día Mundial da Lingua Portuguesa, data proclamada pola Unesco.

    Fonte: Bom dia

    29 de abril de 2023

    Un estudo científico publicado na revista Frontiers in Human Neuroscience revelou que as persoas bilingües, é dicir, aquelas que conseguen interactuar facilmente en dúas linguas, poderían ser menos propensas a padecer alzhéimer.

    Fonte: Canaltech

    29 de abril de 2023

    A cerimonia de coroación do rei Carlos III do Reino Unido será celebrada en inglés e nas outras tres linguas vernáculas faladas nos diferentes países que integran o reino: galés, irlandés e gaélico escocés.

    Fonte: Independent.ie

    28 de abril de 2023

    Un total de 52 universidades chinesas e máis de 12 000 persoas convidadas participarán nunha feira sobre o ensino e o estudo da lingua chinesa en Hanoi, Vietnam.

    Fonte: XINHUA Português

    28 de abril de 2023

    Unha enquisa elaborada por Afrobarometer revelou un importante incremento no apoio á oficialización do crioulo caboverdiano en Cabo Verde en todas as faixas de idade.

    Fonte: e-Global

    28 de abril de 2023

    Euskal Gramatika: Egiturak eta Osagaiak (Gramática vasca: estrutura e compoñentes) está dedicada, principalmente, á descrición do idioma, aínda que trata tamén problemas teóricos.

    Fonte: Deia

    28 de abril de 2023

    A Mesa pola Normalización Lingüística presentou o Informe Xabarín 2023, no que se analiza a presenza do galego nos contidos televisivos para a infancia e a mocidade. No conxunto das operadoras analizadas (Movistar, Vodafone, R e Orange), o galego só ten presenza 2 horas e 25 minutos ao día (sempre nas emisións da TVG2).

    28 de abril de 2023

    Os datos desta enquisa mostran que o 76 % da poboación maior de 16 anos é euscaldún e o 8 % é quen de entender o éuscaro, pero carece de coñecementos suficientes para falalo.

    Fonte: EITB

    28 de abril de 2023

    O certame Música nas Letras 2023, organizado polo Concello de Pontevedra para celebrar o Día das Letras Galegas, ten como obxectivo incentivar o uso do galego na creación musical.

    Fonte: Concello de Pontevedra

    28 de abril de 2023

    O certame Ouff Escola, que este ano chega á súa edición número 14, ten como obxectivos impulsar o uso do galego entre a mocidade, fomentar a creatividade audiovisual e promover o traballo en equipo.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder