Decenas de personalidades de toda a lusofonía adheríronse ao proxecto "Cidadania da Língua Portuguesa", unha iniciativa da Asociación Portugal-Brasil 200 anos.
Fonte: Expresso50
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Decenas de personalidades de toda a lusofonía adheríronse ao proxecto "Cidadania da Língua Portuguesa", unha iniciativa da Asociación Portugal-Brasil 200 anos.
Fonte: Expresso50
Ante o crecente interese polo inglés, o ministro de Cultura e Comunicacións de Marrocos, Mohamed Mehdi Bensaid, anunciou que creará espazos de emisión de noticias nesta lingua na televisión pública.
Fonte: Morocco World News
A escritora mozambicana Paulina Chiziane recibiu en Lisboa o Premio Camões 2021 cun discurso en que pediu "a descolonización da lingua portuguesa" para que se converta nun patrimonio de todas as persoas.
Fonte: VOA
Dúas universidades da República Moldova ofrecerán unha formación en lingua romanesa para persoas refuxiadas procedentes de Ucraína. A iniciativa está apoiada polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD)
Fonte: EU Neighbours East
Un grupo de científicos das universidades de Glasgow e Edimburgo están traballando nun sistema de subtitulado de gaélico escocés baseado na intelixencia artificial que podería ser empregado na BBC.
Fonte: Scottish Field
Co fin de apoiar o proxecto do Goberno de Gales de conseguir o millón de falantes de galés para o ano 2050, o municipio galés de Ceredigion quere que cinco escolas de ensino en inglés pasen ao sistema de inmersión en galés.
Fonte: Wales Online
A nova edición da campaña “Eskatu euskaraz eta saria irabazi” conta coa participación de 24 establecementos que facilitarán a comunicación en éuscaro coa súa clientela e animarán todos os consumidores a que se expresen nesta lingua a través da oferta de descontos, agasallos e a oportunidade de gañar 300 euros para gastar nos comercios, empresas de servizos ou bares colaboradores.
Fonte: Noticias de Álava
A Asociación de Periodistas de Información Ambiental (APIA) presenta unha guía práctica que proporciona fontes bibliográficas, datos sobre as principais ONG ecoloxistas e movementos sociais, un decálogo de boas prácticas e recomendacións para que os xornalistas realicen cada vez máis entrevistas nas que o medio ambiente sexa o tema transversal, co obxectivo de que se divulguen en varias seccións dos diferentes medios de comunicación de proximidade.
O IV Foro Tecnolóxico, organizado polo Foro Económico de Galicia, reuniu en Santiago a máis de trinta expertos nos ámbitos da lingua e as tecnoloxías que defenderon a necesidade de incorporar o galego a todas as ordes da tecnoloxía, na sociedade e economía dixitais.
A Xunta de Galicia acaba de poñer en marcha o novo programa pedagóxico ‘Educa Audiovisual’ para a difusión do audiovisual galego e en lingua galega entre o alumnado de Educación Secundaria.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín