Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de maio de 2023

    A Real Academia Galega analiza a evolución da celebración do Día das Letras Galegas ao longo de sesenta anos a través dunha mostra en liña na que de xeito cronolóxico repasa esta conmemoración.

    Fonte: Real Academia Galega

    11 de maio de 2023

    O sindicado SUATEA demanda melloras nas condicións de traballo do profesorado das materias de lingua asturiana e de galego-asturiano que, na maioría dos casos, traballa a media xornada.

    Fonte: Nortes

    11 de maio de 2023

    O Concello de Bilbao concede axudas para a aprendizaxe do éuscaro destinadas ao colectivo de nais e pais con fillos e fillas que nacesen a partir de 2009.

    Fonte: Bige

    11 de maio de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participaron na inauguración da exposición “Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito”.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    10 de maio de 2023

    Google anunciou a presentación do seu novo modelo de linguaxe capaz de realizar un importante número de tarefas en máis de 100 linguas. Responsables da multinacional defenderon que se trata do modelo de linguaxe máis rápido e eficiente que existe na actualidade.

    Fonte: The Indian Express

    10 de maio de 2023

    Unha enquisa elaborada por Gradus Research revelou que actualmente o 60% da poboación ucraína fala a lingua nacional. O estudo observa tamén un incremento no uso da lingua en amplas zonas do país e, especialmente, entre as persoas máis novas e as de idades comprendidas entre os 55 e os 60 anos.

    Fonte: Ukrinform

    10 de maio de 2023

    O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, avanzou no Parlamento de Galicia a posta en marcha das tres primeiras medidas do Proxecto Nós, a iniciativa que permite incorporar o galego ás novas linguaxes dixitais e que xa ten rematadas as tres primeiras ferramentas. Trátase de utilidades que estarán dispoñibles en aberto nun breve prazo de tempo para que calquera persoa, empresa ou proxecto as poida usar de xeito gratuíto.

    10 de maio de 2023

    A Guia Municipal d'Acollida está dispoñible en cinco idiomas (catalán, castelán, inglés, alemán e árabe) e inclúe información sobre os servizos que ofrece o Concello, así como outros aspectos básicos do municipio.

    Fonte: Diario de Mallorca

    10 de maio de 2023

    Os exames de acreditación dos niveis de éuscaro, organizados por HABE, tiveron lugar entre o 4 e o 6 de maio. Nesta convocatoria máis da metade das persoas inscritas presentábase ao exame de C1.

    Fonte: Gobierno Vasco

    10 de maio de 2023

    Un novo volume, o número 8, acaba de engadirse á colección de Termos esenciais relacionada co dereito. Trátase de Termos esenciais de dereito procesual, un glosario bilingüe (galego-español) que recolle máis de 1000 conceptos relacionados con esta área específica.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder