Galicia retoma, tras un ano de pandemia, un dos eventos máis populares da programación institucional das Letras Galegas impulsada pola Xunta, a VII Carreira Camiño das Letras.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Galicia retoma, tras un ano de pandemia, un dos eventos máis populares da programación institucional das Letras Galegas impulsada pola Xunta, a VII Carreira Camiño das Letras.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, fixa as datas de realización das probas de acreditación do Celga da primeira convocatoria do ano 2021 para os días 22, 23 e 29 de maio (Celga 4), 30 de maio (Celga 2), 5 e 6 de xuño (Celga 3) e 12 de xuño (Celga 1), nas localidades nas que vén sendo habitual, Santiago de Compostela e Ponferrada.
O Ministerio de Emigración de Exipto presentou, en colaboración co Ministerio de Educación, unha aplicación móbil que permitirá que as persoas de nacionalidade exipcia e os seus fillos que vivan no estranxeiro poidan aprender árabe e achegarse á cultura exipcia.
Fonte: Daily News Egypt
Grazas ao compromiso dun grupo de pais e nais, a localidade vascofrancesa de Bardos (Bardoze en éuscaro) terá unha escola infantil de inmersión en éuscaro a partir do próximo curso.
Fonte: Mediabask
Coa creación da nova colección de filosofía contemporánea, a editorial busca abrir as portas do mundo do pensamento ao público lector non especializado e aumentar o número de publicacións filosóficas en catalán.
Fonte: La Vanguardia
A segunda convocatoria do premio contará co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística e coa colaboración de Norma Editorial. O seu obxectivo é fomentar a presenza do catalán no xénero da banda deseñada adulta de non ficción e na novela gráfica.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Biarritz converteuse na primeira localidade do País Vasco francés que expedirá os libros de familia en versión bilingüe francés-éuscaro.
Fonte: Mediabask
O director do Instituto Portugués de Oriente (IPOR) declarou con motivo do Día Mundial da Lingua Portuguesa que Macau está facendo un investimento moi importante na promoción e ensino da lingua portuguesa.
Fonte: RTP
O alcalde de La Puebla de Arganzón, Pablo Ortiz de Latiorro, explicou que o novo plan se realizará de acordo coa vontade de seguir promovendo o coñecemento e o uso do éuscaro.
Fonte: El Correo
A Deputación de Ourense aprobou as bases dunha nova edición do Premio Blanco Amor de novela longa, dotado con 15 000 euros. As obras que se presenten deben ser inéditas e estar escritas en galego.
Fonte: Ourense Dixital
Subscríbase ao boletín